LUGARES DE INTERÉS
Si deseas
participar con alguna sugerencia sobre este municipio, agradezco vuestros
comentarios.
Os espero en las próximas entradas de
y disfrutad del BLOG.
Un saludo de
Alberto García Roldán.
«Ti dis Galicia é ben pequena. Eu dígoche: Galicia é un mundo. Cada terra é coma se fose un mundo enteiro. Poderala andar en pouco tempo do norte para o sur, do leste para u oeste noutro tanto; poderala andar outra vez, mais non a has dar andado. E de cada vez que a andes, has atopar cousas novas e outras has botar de menos. Vicente Risco: Leria (ensaio)
Ademais do castelo, aparecen as chinchetas do google maps dunha zona pragada de prehistoria, megalitismo, celtas. Destaco "A cidá", a 2 km ao leste de Medeiros, aquí foi onde Ptolomeo situou o "FORUM BIVALORUM", que menciona o padräo dos pobos de Chaves. Pero seguen faltando sitios que, por non aparecer nas páxinas, nos estudos, non deixan de existir. A tradición oral da fe: "A COVA DE JUAN MANUEL" é un deles e comprería indagar porque a xente de Ábedes todavía hoxe o cita. Ás veces como Juan mANUEL, outras como Juan Antonio. Era un anacoreta é deixou gravada na roca que habitou o Crismón. Pero é que, porriba, hai unha fonte, penso que mais antiga que o noso ermitaño, cun círculo perfecto dentro.
ResponderEliminarTodo esto cumpre unha explicación dos arqueólogos.
Estou seguro que foi unha zona na que a historia deixou moita pegada, e que por desgraza aínda non se descubriron ou non se investigou o suficiente sobre ela. Esperemos que coa participación de todos, achegando o noso pequeno granito de area, saian á luz todos eses marabillosos segredos aínda esquecidos e descoñecidos. Moitísimas grazas por o teu comentario e a interesante información que facilitas Giorgos.
EliminarGrazas, Alberto. Pero hai un feito que chama poderosamente a atención. Estamos na liña do megalitismo Europeo. Diría mais, nesa liña lei imaxinaria que, a pouco que un observe no Google Maps, traza unha diagonal que vai desde a Vila Real, onde se garda a Pedra de Alväo ata Glozel, Francia. Eu son dos que teorizan que a pedra de Alvâo e, todavía mais, a de Vila Pouca de Aguiar gardan un parecido case que exacto á de Glozel, sobre todo á última. Son da opinión de que é a primeira testemuña dun alfabeto da época do bronce ou quizais moi anterior. Faría falta reescribir a historia, porque é anterior ao alfabeto cuneiforme sumerio.
EliminarPero o que me chama a atención e me indigna é, coma os portugueses, de Vila Real, pasando por Vila Pouca, ata Chaves teñen Museos con multitude de descubrimentos de todo tipo: desde á edade do ferro, pasando pola do bronce, os romanos, visigodos. ¿Qué temos nós? Deixando aparte o expolio, que foi grande e sabemos das actividades destes suxetos e nalgúns casos atreveríame a decir case que as súas identidades; existe unha falta total de iniciativa por parte dos entendidos e, por suposto, un nulo apoio das autoridades culturais. Non nos imos contentar, digo eu, ca necrópolis do maravilloso Medeiros, cunhas cantas tumbas antropomorfas salvadas (polo menos) a cobixo entre catro paredes de formigón. Nin nos deberíamos contentar tampouco cos miliarios ao pé da entrada á autovía enfrente do restaurante "A Paella" que parecen estar ciscados. Como tampouco cumpre sacar peito de que (estou sendo negativo, son consciente, pero é que resulta unha vergonha) dos lagares de Oimbra, agora visitables é cunha labor de reconstrucción da feitura do viño. O val enteiro, partindo das ladeiras de Requeixo, está cheo de petroglifos e de pedras xigantes con moldes para a construcción, de perfecta simetría cada buraco e exactas medidas entre uns e outros. Pois ben, coinciden cas técnicas usadas no Perú dos Incas, cas técnicas achadas en Malta e multitude de sitios. Cando alí se preguntan todavía cómo é que facían para xuntar as pedras (se facían moldes previos ou directamente traballaban sobre a pedra), aiquí, sen embargo, xacen no esquezo. Ahí están as "Canteiras", ao leste do Pozo do Demo, con pedras colosais que dan nome ao sitio, pois efectivamente era unha canteira. Hai lagares na subida do Castro das Viñas, hai un lagar na zona das Canteiras que está en zona plan
Saúdo a, pero ao pé dun risco. Xa se sabe, o tempo tivo que alterar moito estes paisaxes ancestrais. O sábado visitei o museo de Vila Real e falaba disto cos funcionarios e dábanme a razón: non é posible que eles teñan unha colección de 5390 (dun total de 33000), creo desde o século IV antes de Cristo ata os visigodos. A maior colección numismática de Portugal. Pero é que en Chaves sucede o mesmo.
Eu, aiquí, non vexo nin tan sequera carteis suliñando: Covas Rubias, a multitudes de pedras de cantería que hai tamén en Monterrei, cara ao oeste, monolitos e as mesmas pedras de cantería ciscadas no chao indo cara ás Fragas de Ábedes, polo camiño da antiga canteira, nada de nada.
Por suposto, A Urdiñeira: un eterno proxecto que nunca emepeza a dar froitos. As pedras das testimonio do traballo daqueles homes.
Sobre as mámosas: entre as que están estragadas, como suliña Bruno Rúa, e entre ás que non se lles mete mao, e son moitas, máis das que que temos catalogadas, penso eu, polo que teño leído e pola observación, estamos no mesmo. ¡Esto está virxe, pero tamén estragado! E expoliado.
Nós estamos na liña dos amigos portugueses e seguimos igual. ¿Qué museo temos? ¿Onde están as moedas? ¿Por qué non se acotan os terreos das Canteiras e se explica o misterio de cómo podían ensamblar ás pedras? Isto pregúntanse os peruanos, arqueólogos serios, non fantasmas, e a nós parece non importarnos.
Pola miña parte, se se emprende calquera proxecto arqueolóxico, e se considerades a miña axuda . Alberto.
Quería dicir, porque expandinme catro pobos, que estou disposto a botar unha mao a calquera proxecto que se emprenda. Son un apasionado da arquoloxía e da arte. Sobre todo, da época megalítica. Tendes a miña axuda, sempre cumpre máis maos e ollos.
ResponderEliminarUnha aperta, Alberto.
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
ResponderEliminarMoitisímas grazas a ti, Alberto. Noraboa por este excelente blog.
ResponderEliminarE xa sabes, conta coa miña axuda para o que sexa neste eido: son un apasionado do noso pasado máis ancestral, o que nos conforma como somos. O megalitismo excepcional, á cultura castrexa, etc.
Eu vou onde sexa a axudar.
Saúdos e unha forte aperta.
O meiu mail é j.reguilon@gmail.com.
ResponderEliminarUn detalle: fíxate o parecido entre Covas Rubias (Vences, Monterrei) é a outra mesa pétrea de Touro. Para o tratamento dos metais, quizais?
En Vila Real, no Museo, sí vin unha forma que me era familiar e atopei varias veces por Monterrei que era pera ese menester.
Deixo o rollo. Encantado, Alberto. Xa sabes, vou onde faga falta para axudar.
Por último, quede constancia que é o interior o menos explorado. Eu falo da minha terra, Monterrei, que como xa escribía Otero Pedrayo é un "Val de proporcións ciclópeas". Xa que segue ata Chaves formando parte do mesmo.
ResponderEliminarA zona da costa está moito máis explorada.
PARABÉNS DE NOVO POR ESTE ÍMPROBO TRABALHO! É un blog excepcional. Da igrexa de Santa María de Gracia podo pasarte fotos da fiestra do leste, de carácter esotérico: eiquí está a mao dos masóns. Na primeira arquivolta: un axedrezado representando o chao do templo de Salomón. Á esquerda, esvásticas do miño. No tímpano da fiestra: a hexalfa hebrea de Salomón, a estrela de David, unha de cinco puntas e as chamadas esvásticas do miño, de raigambre celta. Á saída do sol consagraron esta pequena fiestra esotérica. No interior da igrexa: unha virxen embarazada. Na porta principal, cara o norte: hai unha esfinxe peculiar , un león cunha erección, un estrano paxaro ou ser portando un home e mais figuras que agora non lembro.
ResponderEliminarTi eres un especialista. Para calquera axuda, non dudes en contactar, e envíote ás fotos co texto debidamente explicado.
Apertas.
Moitísimas grazas giorgos polas túas verbas cara ao meu traballo e as túas interesantes explicacións sobre esa terra tan fermosas, pero moi descoñecida para min. É importante dar a coñecer o noso patrimonio, pero pouco ou nada podemos facer os que o admiramos se os verdadeiros responsables da súa posta en valor e conservación, téñeno esquecido. No meu caso, só quero mostrar os lugares tan interesantes que visito a través deste blogue, pero nin teño a preparación, nin a capacidade de poder cambiar absolutamente nada da cruel realidade que vive o patrimonio de Galicia. A miña preparación e profesión nada teñen que ver con isto, é algo que fago por afición. É unha mágoa, pero tampouco vexo posibilidades de que se avance nese aspecto. Unha forte aperta e a seguir poñendo o noso gran de area para que non se esqueza a nosa historia.
Eliminar