Esta igrexa é a primitiva do pobo, de feito coñecese popularmente como a “Igrexa Vella”, para
diferenciala da "Igrexa de Santa María".
Desta igrexa, destaca a súa Fachada Barroca, cun fermoso altorrelevo representando a San Xoán Bautista, con restos de policromía.
En 1831 levantáronse as dúas
torres que flanquean a fachada, con pocua ornamentación e de dous corpos.
Todos os muros son de sillería rectangular e, nun lado, presenta un
sinxelo pórtico, con columnas.
No interior destaca un “Arco Triunfal” de medio punto que divide o
espazo, a inscripción fundacional, e o escudo dos Montenegro, pero o que máis
chama a atención son as Capelas e os retablos Barrocos do S.XVIII.
Ó lado da igrexa está situado un CRUCEIRO do ano 1880, de gran beleza e coñecido como “Cruceiro da Vila “. Presenta Plataforma de tres chanzos, de forma cuadrangular, como a Basa. Fuste prismático de sección cuadrangular nos extremos e octogonal no resto, cos instrumentos da Paixón no seu lado maior: escaleira, tenaces, martelo, tres cravos, media lúa, lanza e un sol, e con inscrición da data '1880' nunha das súas caras.
Capitel cúbico decorado con cabezas aladas nas súas caras e volutas nas
esquinas, e cruz de sección cuadrangular e arestas rebaixadas con remates
florenzados, que mostra no anverso a figura de Cristo crucificado, tres cravos,
con coroa de espiñas, mans abertas, cabeza inclinada cara a dereita, o pano de
pureza (perizoma) está anoado á esquerda, o pe esquerdo monta sobre o dereito,
cartel de INRI. No reverso figura da Virxe, sobre peana.
Coordenadas: 43º 10' 49.9" N - 7º 53' 08.9" W
TODA A INFORMACIÓN INCLUÍDA NESTA PUBLICACIÓN, FOI RECOLLIDA DAS
SEGUINTES LIGAZÓNS:
https://www.concellodeguitiriz.com/gl/content/igrexa-de-san-xo%C3%A1n-de-lagostelle
https://cruceirosdegalicia.xyz/2702218.html
VISITA OUTROS
SORPRENDENTES LUGARES DO CONCELLO
DE GUITIRIZ NA LIGAZÓN, CUN MAPA
PARA CHEGAR A CADA UN DELES.
No hay comentarios:
Publicar un comentario