Na igrexa de Céltigos apareceu facendo de sillar, no arco da entrada ao presbiterio, unha pedra cunha inscrición do século X, nela alúdese á fundación dunha basílica e da Casa de San Xulián, está datada no ano 969, e quizais faga referencia a un primitivo templo.
Fronte ao templo álzase un bonito CRUCEIRO datado en 1999. Posúe cruz coas imaxes de Cristo crucificado e
no reverso a Virxe.
Non moi lonxe do templo, atópase a ÁREA
RECREATIVA DO MUIÑO DE CÉLTIGOS, un estupendo espazo natural, que ten
como característica máis fermosa o seu muiño e a canle que o alimenta.
Coordenadas: 43º 01' 56.0" N - 8º 12' 59.9" W
A INFORMACIÓN INCLUÍDA NESTA PUBLICACIÓN, FOI RECOLLIDA DA SEGUINTE LIGAZÓN:
https://frades.gal/arquitectura/igrexa-parroquial-e-cruceiro-celtigos-
VISITA OUTROS SORPRENDENTES LUGARES DO CONCELLO DE FRADES NA LIGAZÓN, CUN MAPA PARA CHEGAR A CADA UN DELES.
No hay comentarios:
Publicar un comentario