ÁREA RECREATIVA MUIÑO DE CONGOSTRO, ARANGA

 

Este pequeño municipio llamado ARANGA (enlace a nuestra publicación), esconde joyas de la naturaleza que pocos turistas conocen. Buena culpa de su exuberante paisaje la tiene el Mandeo, un río que tras nacer en SOBRADO DOS MONXES (enlace a nuestra publicación), alcanza cuerpo de adulto a su paso por este ayuntamiento; y de afluentes como el Cambás, todavía más oculto a las miradas indiscretas.

La confluencia de esos dos cursos fluviales crea un entorno de enorme valor paisajístico y natural muy cerca de Ponte Aranga (1,4Km) y en las inmediaciones del lugar de Congostro, conocido como Barranco da Loba.

Allí, en el año 2010, la Asociación de Vecinos Santa Cruz de Aranga aprovecho para habilitar este hermoso espacio de ocio y reunión para los vecinos y todas las personas que deseen acercarse a ella. Para la construcción del recinto, fueron los propios vecinos quienes adquirieron los terrenos.

Cuenta con mesas, bancos de piedra, barbacoas, papeleras y bancos para sentarse junto al río y disfrutar de un apacible día al aire libre.

Un increíble espacio natural poblado con robles y castaños junto al río Mandeo, que dibuja un pequeño meandro y nos regala una atractiva estampa junto a una hermosa presa, donde darse un chapuzón.

Cerca de la presa podemos ver las ruinas del Muiño de Congostro, que da nombre al área recreativa.

Este molino de “maquía” (palabra que se originó en el medioevo para describir un sistema de moler el trigo en molino ajeno, pagando al molinero con parte de la harina obtenida), era de propiedad privada, pero estaba arrendado a dos caseros que se turnaban en el trabajo de la moliendo, una semana cada uno. De los beneficios, la mitad eran para los dueños del molino, los señores de  Cordeiro, dueños también del  caserío de  Congostro.

Era de un tamaño considerable y tenía dos muelas del país que molían al mismo tiempo, a pesar de la ruina que presenta, todavía conserva el canal de alimentación, así como alguna de sus piezas interiores que guardan a buen recaudo sus últimos beneficiarios. El territorio de influencia del molino era muy amplio y crecía en verano al quedar muchos riachuelos sin agua. Dejó de funcionar a mediados de los años 80 con la inminente proliferación de pequeños molinos eléctricos en las casas.

En la ribera del río se han instalado paneles que nos muestran alguna de las especies que aquí habitan. Una de ellas es la Píntega Rabilonga, monstruo mitológico del fuego y símbolo básico de la alquímia.

El otro se refiere a la Troita Común, y nos cuenta la vieja leyenda que dice que después de aparearse con el macho, la hembra se lo come como prueba de fidelidad. El dicho “te quiero mucho, como la trucha al trucho”, nace de esta especie y su singular manera de demostrar el amor. Pero señalar, que no es más que un gracioso juego de palabras.

Siguiendo el curso del río, en su descenso, a poca distancia hay un puente de madera que nos permite obtener bellas estampas del río Mandeo.

Cruzando a la orilla opuesta, vemos otro molino más pequeño que el anterior, e igualmente en un estado ruinoso.

Por último, indicar, que desde esta área recreativa se puede accederse a uno de los valles más salvajes y bellos de Galicia (enlace a nuestra publicación), pues aquí comienza una preciosa ruta de senderismo (la SM 04) discurriendo siempre al lado del río Cambás, que va colándose entre las montañas formando esa extraordinaria obra de la naturaleza. Sus dos cascadas, la de Castro Rodicio y la del Rego da Palanca, son un regalo para los sentidos. El camino, de apenas 7 kilómetros (solo ida), pero muy bien aprovechados, requiere cierta destreza y calzado adecuado para evitar resbalones inoportunos.


TODA LA INFORMACIÓN INCLUIDA EN ESTA PUBLICACION, HA SIDO RECOGIDA DE LOS SIGUIENTES ENLACES:

https://www.geocaching.com/geocache/GC7BMCN_area-recreativa-de-barranco-da-loba-ponte-aranga?guid=50836859-ef8b-42c2-a838-9b4711def818

https://viajes.lavozdegalicia.es/noticia/secretos-de-galicia/2019/03/02/puerta-trasera-mandeo/0003_201903A2P52992.htm

http://patrimoniogalego.net/index.php/18597/2012/05/muino-de-congostro/

https://www.diariodeferrol.com/texto-diario/mostrar/2691796/rio-do-barranco-da-loba

VISITA OTROS SORPRENDENTES LUGARES DEL MUNICIPIO DE ARANGA EN EL ENLACE, CON UN MAPA PARA LLEGAR A CADA UNO DE ELLOS.

SAN MARTIÑO DE ORTO, ABEGONDO


Igrexa de estilo predominantemente neoclásico. Tense constancia dela dende 1617, pero a súa última reforma foi de 1870. A fachada principal, de gran sobriedade, remátase cun frontón triangular que serve de base para unha espadaña de dous corpos, onde vemos a imaxe do santo.


A igrexa conta cunha parcela na que se desenvolve o cemiterio e o adro. Nela atópanse superficies axardinadas con especies arbóreas autóctonas e de gran porte, enterramentos históricos dispersos polo camposanto, e unha PÍA BAUTISMAL histórica en desuso feita en cantería. 


Ten base cuadrangular que enlaza co fuste mediante chafrán. O fuste e corto e cilindrico e a copa ten un laborioso trabado de labra con molduras en forma de arco na parte baíxa do corpo cónico e remate nun cimacio ao longo do seu borde na parte do corpo cilindrica.


No seu ámbito de protección atópase un CRUCEIRO: "de Crucifixo", Erguido sobre unha plataforma de dous chanzos, e pedestal cúbico. Fuste (vara/varal) de sección cadrada coas arestas rebaixadas (chafrán). Capitel cuadrangular, con molduras e catro caras nas esquinas e cruz de sección cadrada con chafráns nos brazos e remates florenzados con botóns. 


No anverso atópase a figura de Cristo crucificado ao que fáltalle o brazo esquerdo, cabeza inclinada cara diante. 

No reverso figura a Virxe en actitude de orar.

Coordenadas: 43º 16' 41.9" N - 8º 17' 03.9" W

TODA A INFORMACIÓN INCLUÍDA NESTA PUEBLICACIÓN, FOI RECOLLIDA DAS SEGUINTES LIGAZÓNS:

https://siotuga.xunta.gal/siotuga/documentos/urbanismo/ABEGONDO/documents/27648ca006.PDF (páxinas 67-68-69).

https://cruceirosdegalicia.xyz/150011401.html

http://patrimoniogalego.net/index.php/101029/2018/11/igrexa-parroquial-san-martino-de-orto/

VISITA OUTROS SORPRENDENTES LUGARES DO CONCELLO DE ABEGONDO NA LIGAZÓN, CUN MAPA PARA CHEGAR A CADA UN DELES.

CRUCEIRO DE ARRIBA, A LARACHA

 

Este Cruceiro levántase moi preto da igrexa parroquia de Santiago de Vilaño, en cuxa sancristía se atopa o miliario, que o historiador José Manuel Caamaño data no século IV, concretamente entre os anos 351 e 353. A peza presenta unha forma cilíndrica e mide 146 centímetros. Posúe unha inscrición, con letras de entre 5 e 7 centímetros, na que se pode ler unha mensaxe incompleta en latín, que podería dicir “bono rei publicae natus. Magno Decentio nobilissimo et florentissimo caesari”. Nesta inscrición hónrase o césar Decencio, irmán do emperador Magnencio, circunstancia estraña xa que habitualmente estaban dedicados ao emperador.




O Cruceiro está construído en granito e formigón, cunha plataforma cuadrangular de tres chanzos, sobre a que se asenta un pedestal cúbico rematado en chafrán. O fuste, de sección octogonal, recibe un capitel moldurado con equino e abaco. 


Enriba, atópase unha cruz de sección rectangular recrucetada. 



Complétase cun posadoiro asentado sobre os chanzos do plataforma.


Xunto o cruceiro vemos tamén, un panel informativo con todos os recursos que podemos atopar na parroquia de Vilaño.


Coordenadas: 43°14'24.1"N 8°35'54.1"W

TODA A INFORMACIÓN INCLUIDA NA PUBLICACIÓN, FOI RECOLLIDA DAS SEGUINTES LIGAZÓNS:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/LARACHA/documents/0199CA003.PDF  (páxina 23).

https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/170825000376/igrexa-parroquial-de-santiago-de-vilano?langId=gl_ES&ctre=31&tp=8

VISITA OUTROS SORPRENDENTES LUGARES DO CONCELLO DA LARACHA NESTA LIGAZÓN, CUN MAPA PARA CHEGAR A CADA UN DELES.

SAN PEDRO DE ORAZO, A ESTRADA

 

A igrexa de Orazo é resultado da execución de diferentes etapas construtivas. A primeira campaña daría orixe a un templo prerrománico, datado en torno ao século X, do que consérvase unha peza alongada a modo de dintel sobre a porta da sancristía con decoración de sogueado (Segundo Yzquierdo Perrín, o fragmento citado podería formar parte dunha mesa de altar, como no caso de Santa María do Naranco). Nunha etapa posterior, levaría a cabo unha importante reforma, na que, partindo dos cimentos da anterior, construíuse un novo templo románico, doado a Santiago en 1115 pola raíña Dona Urraca, e do que aínda se manteñen interesantes vestixios nos seus muros, entre eles, quedan seis canterías con inscricións, estudadas por Fermín Bouza Brey nos seus Epígrafes Medievaes da Eirexa de Ourazo. Finalmente, xa en época moderna, efectuaríase a actual fachada occidental coa poderosa torre-campanario que a remata, construída no estilo denominado " barroco compostelán".

Á beira da escada de subida ao adro levántase un CRUCEIRO, o que permite unha curiosa perspectiva, pois a Virxe das Angustias pode ser observada de preto dende a cima da escalinata.

Sábese que foi trasladado dende un lugar inmediato Presenta plataforma de tres chanzos cuadrangulares, pedestal cúbico liso, sobre o que alzase un fuste liso, que comeza e remata cadrado e no resto octogonal. O capitel adórnase con follas, e sobre elas, un cordón sobre o que asoman catro querubíns, un en cada cara. Este suxeita unha cruz latina, redonda y espiñenta, que mostra no anverso un Cristo crucificado ca testa á dereita.

Como curiosidade, sinalar que esta parroquia albergou dúas fundicións de campás: a primeira delas tivo unha produción efémera, pero foi determinante para a existencia do segundo taller. Foi o mestre santanderino Hontañón, que en 1848 fundira unha campá para a igrexa de Orazo que aínda funciona (a campá pequena di: AÑO 1848 J H S MARIA Y JOSE Hontañón me hizo en Sto. (Santiago)). Este estableceuse na casa próxima ao atrio e cemiterio para realizar encargos das zonas próximas, cara a 1849 ou 1850, xa que daquela o oficio en ocasións era itinerante. Foise cinco anos despois, pero á súa marcha, os irmáns Xan e Xosé Liste Pereiras, que foran os seus axudantes, decidiron establecer o seu propio taller, a Fundición Liste (a campá grande di: AÑO DE 1913, JHS MARÍA Y JOSÉ... Fundida por J. Liste en Orazo). Liste fundiu moitas campás que se espallaron por Galicia, España, e incluso Francia, e aínda máis, cando un parente de Xosé Liste (César Liste) emigrou a Venezuela, atopou en Caracas cun cura que ao saber o apelido Liste e lugar de orixe, lle dixo... Suba comigo ao campanario... e alí leu unha campá: ME HIZO JUAN LISTE EN ORAZO. Tratou o tema o filólogo e profesor nado nesta parroquia Miguel Louzao, en "Orazo, a fábrica das badaladas".

Hai que destacar tamén, que na casa  solariega dos Ulloa en San Pedro de Orazo, aínda hoxe propiedade da ilustre familia á que pertenceron varios personaxes insignes de Galicia, consérvanse varios debuxos do sabio sacerdote e astrónomo Ramón María Aller Ulloa, un deles do escudo da liñaxe Ulloa.

TODA A INFORMACIÓN INCLUÍDA NESTA PUBLICACIÓN FOI RECOLLIDA DAS SEGUINTES LIGAZÓNS:

 https://gl.wikipedia.org/wiki/Orazo,_A_Estrada

https://docplayer.es/95043486-Los-ulloa-de-san-pedro-de-orazo-a-estrada-pontevedra.html

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/firmas/2014/01/27/tanidos-alma-fundiciones-lalin-estrada-caldas/0003_201401P27C8991.htm

https://www.romanicodigital.com/sites/default/files/pdfs/files/pontevedra_Orazo.pdf

 https://badaladas.gal/index.php/fundidores/

https://www.tabeirosmontes.com/orazo-san-pedro.html

VISITA OUTROS SORPRENDENTES LUGARES DO MUNICIPIO DA ESTRADA NESTA LIGAZÓN, CUN MAPA PARA CHEGAR A CADA UN DELES.

MUIÑO DA CALEXA, A BAÑA

 

Na parroquia de San Pedro de Fiopáns, atopamos este muiño na orilla do río Portalaxe, afluente do Tambre, e no moi lonxe da fermosa ÁREA RECREATIVA DE FIOPÁNS, da que xa vos falamos noutra publicación.


Foi rehabilitado recentemente, no que se investiron 15.600 euros de fondos do concello, para substituir a madeira do interior, poñer un novo tellado, encintar a parade exterior para garantir a conservation deste muiho, no que a vecinanza continua moendo coma hai anos. É o único en funcionamento no municipio.


A restauración do Muiño da Calexa xa se intentara hai anos por parte do Concello, cando a Deputación da Coruña sacara o plan de arquitectura popular. Agora, a veciñanza asinou a cesión necesaria para que o Concello puidese acometer as obras, pero mantendo titularidade do inmoble. A cambio desta rehabilitación a veciñanza comprometeuse a permitir a visita dos escolares do municipio, para que poidan coñecer o funcionamento do muiño e, o oficio de muiñeiro.

Sinalar, que por aquí pasa o roteiro da RIBEIRA DO TAMBRE que dende a área recreativa antes mencionada, nos leva ata a ponte de Portochán.

TODA A INFORMACIÓN INCLUÍDA NESTA PUBLICACIÓN FOI RECOLLIDA DA SEGUINTE LIGAZÓN:

https://issuu.com/concellodabana/docs/revista_ba_a_inverno_2018

VISITA OUTROS SORPRENDENTES LUGARES DO CONCELLO DA BAÑA NA LIGAZÓN, CUN MAPA PARA CHEGAR A CADA UN DELES.