OUROL


LUGARES DE INTERÉS



Si deseas participar con alguna sugerencia sobre este municipio, agradezco vuestros comentarios.

 Os espero en las próximas entradas de
 y disfrutad del BLOG.

Un saludo de Alberto García Roldán.

FERVENZA DO XESTOSA, MURAS - OUROL

Aínda que esta non sexa a FERVENZA máis alta de Galicia, destaca pola súa beleza e polo fermoso lugar no que se atopa.


Chegar ata este feiticeiro paraíso natural é moi sinxelo, só hai que seguir a estrada LU-540 que une as localidades de XERMADE, situada na comarca da Terra Chá, coa VILA DE VIVEIRO, situada na franxa costeira da Mariña Occidental. No pronunciado descenso do porto da Gañidoira e tras salvar o río Xestosa, aparécesenos o indicador de Concello de Ourol e do Km 20. Uns poucos metros máis adiante, á dereita, atópase o letreiro que nos anuncia o enclave. Xa no tramo da vella estrada, e collendo á esquerda, veremos o indicador da baixada á fervenza.


Desde ese punto sae un atractivo carreiro que, baixando por entre os piñeiros, nos leva ao pé da caída.






O Río da Xestosa ou de Xanceda cando abandona o concello de Muras e adéntrase no de Ourol, ten que atravesar unha zona de rochas resistentes que o obrigan a dar varias voltas e a botarse por distintos desniveis.




O máis grande é este de 20 m, no que forma esta fermosa fervenza, pouco antes de xuntarse co Landro.





O río Landro nace entre o cume do Xistral e o Coto Balsego, onde recolle augas das turbeiras, brañas ou tremoais (como lle chaman na zona a este hábitat prioritario que na actualidade, dentro da Península Ibérica, atópase restrinxido a esta serra) da serra do Xistral. Moitos dos seus 16 afluentes baixan por vales encaixados formando pozas e saltos.


INFORMACIÓN RECOLLIDA DAS SEGUINTES LIGAZÓNS




VISITA OUTROS SORPRENDENTES LUGARES DO CONCELLO DE OUROL NESTA LIGAZÓN, CUN MAPA PARA CHEGAR A CADA UN DELES.

SAN PEDRO DE BENZA, TRAZO

Trátase dunha igrexa de orixe románica pero remodelada con posterioridade, compartindo características propias doutros estilos, como o barroco, feito habitual en moitas igrexas rurais. Presenta unha planta rectangular coa capela maior diferenciada ao ser máis estreita e máis baixa, seguindo un eixo de simetría que se ve truncado polo engadido posterior dun espazo dedicado á sancristía, nun lateral da cabeceira.






Inscripción no muro da sacristía

A fachada, de tipoloxía barroca, que posúe unha gran similitude coa da IGREXA DE SANTA MARÍA de Trazo, segue o esquema compositivo tradicional.






Posúe partes construídas en cachotería e outras en cantería, probablemente por mor desas remodelacións posteriores á súa construción inicial.




No exterior, e sobre todo na parte do testeiro, aínda se conservan algúns elementos románicos, como unha fiestra cun arco de medio punto sostidos por columnas; modillóns; canzorros ou contrafortes.






O interior tamén é de grande interese, co presbiterio separado da nave por medio dun grande arco triunfal apuntado, sostido por dúas grandes columnas con capitel corintio esquematizado apegadas ao muro.



Nun deses capiteis ollamos a inscripción S. XII.




Detrás do altar maior sitúase un gran retablo barroco.



Nos muros laterais da nave ábrense arcos que albergan pequenos retablos de madeira.







 Ao fondo da nave sitúase unha antiga e curiosa PILA BAUTISMAL.




 Forma, como é frecuente, conxunto co CAMPOSANTO.






 Preto do templo érguese un CRUCEIRO realizado en granito. Apóiase sobre tres banzos de planta cuadrangular. A base cuadrangular termina con chafláns, e ten a inscrición “…1702…! O fuste é cadrado con chafláns,...



... capitel troncopiramidal invertido con cabezas de anxos con ás e dúas imaxes de corpo enteiro, unha delas de San Antonio de Padua e outra sen recoñecer.  





Ten a cruz cuadrangular con figuras de Cristo...



... e a Inmaculada, cun rechamante manto bordado con adornos de todo tipo moi acertadamente esculpidos.



Xunto o cruceiro atópase un HÓRREO de tipoloxía Ullo-Arzúa mixto, sobre catro cepas de cantería de escasa sección e contorno curvilíneo con tornarratos rectangulares. 



Sobre cada sua cepa, pilastras de granito de sección cadrada forman a estructura do hórreo e dividen en tres tramos a alongada cela de madeira. Cuberta a dúas aguas con aleiros lixeramente voados.




Coordenadas: 43º 01' 17.0" N - 8º 35' 42.0" W

INFORMACIÓN RECOLLIDA DAS SEGUINTES LIGAZÓNS







VISITA OUTROS SORPRENDENTES LUGARES DO CONCELLO DE TRAZO NESTA LIGAZÓN, CUN MAPA PARA CHEGAR A CADA UN DELES.