O nome do concello foi orixinariamente Cesullas, e o topónimo Cesulias ou Cesullas, deriva do gran rio que beirea o seu linde septentrional: o flume do Ceso, dos documentos medievais e incluso en mapas de 1694 (de Domenico Giovanni de Rossi), ainda está escrito Cessio. A mención máis antiga deste nome, témola nun documento de 1178: “Eu, o rei Fernando II, coa mina dona Urraca e co meu fillo Alfonso, fago doazón o MOSTEIRO DE SANTA MARÍA DE SOBRADO (dos Monxes) de Ermerezio (Almerezo) e dúas partes da igrexa de Corispenidi (Cospindo) cos seus coutos integros (de aí o nome do Couto a Cospindo) a igrexa de Corme sen couto e a igrexa de Cesulles (Cesullas) co infantántico (anexo) de Neanio (Neaño)".
A construción primitiva da igrexa parroquial (posiblemente románica) foi substituída por unha maioritariamente de estilo barroco que data do século XVII, época da cal se conserva a capela lateral sur, sendo a capela maior, nave, e a fachada do século XVIII, na que sobresae a grande espadaña construida na década de 1940, e para que os sillares novos non desentonaran coa vella canteiría, fregáronse con bosta de vaca para que crearan musgo e así “envellecelos”.
Enriba da porta principal hai unha imaxe en pedra de Santo Estevo, enmarcado lateralmente por volutas.
Sinalar como curiosidade: O visitador pastoral de 1791 ordena que “na misa asistan separados os homes das mulleres, multándose os contraventores a primeira vez cun real a cada un, para o depósito do purgatorio; se os rebeldes insistisen en tan perniciosa mestura, dará conta a xustiza do conde de Altamira para que proceda a exacción da pena e castigo da rebeldia oposta á brillante da mística relixión cristiana".
Preto da igrexa atópase a FONTE-LAVADOIRO DE SANTO ESTEVO ...
... debido á gran cantidade de elementos decorativos, no que ademais das figuras de Xesucristo cos pés pousados sobre unha caveira e tibias,...
... e a Virxe en actitude de orar cos dedos entrelazados;...
... aparecen nos laterais da cruz, San Estevo e a Madalena.
Na base hai un relevo con dous anxos adorando o Santisimo.
Lembrar tamén, que no ano 1931 chega á parroquia cabanesa de Cesullas o
párroco e fillo adoptivo de Cabana de Bergantiños, D. Saturnino Cuíñas Lois,
na que botou como párroco case cincuenta anos. Fóra do seu exemplar labor
relixioso, Saturnino Cuíñas destacou dentro da cultura galega como un dos máis
grandes folcloristas.
Coordenadas: 43º 12' 39.0" N - 8º 55' 05.9" W
TODA A INFORMACIÓN INCLUÍDA NESTA PUBLICACIÓN, FOI RECOLLIDA DAS
SEGUINTES LIGAZÓNS:
https://gl.wikipedia.org/wiki/Cesullas,_Cabana_de_Berganti%C3%B1os
http://www.concello-cabana.es/gl/santo-estevo-cesullas-2
Andando
por Bergantiños nº6 (2003): Parroquia de San Estevo de Cesullas Evaristo
Domínguez Rial, Xan X. Fernández Carrera, Antón García Losada,Luís A. Giadás
Álvarez.
VISITA OUTROS
SORPRENDENTES LUGARES DO MUNICIPIO DE CABANA DE BERGANTIÑOS NA LIGAZÓN, CUN MAPA PARA CHEGAR A CADA UN DELES.