Este concello, descoñecido para turistas, esconde marabillosas sorpresas naturais e patrimoniais, como a Carballeira do Campo da Feira, un fermoso lugar de gran importancia ecolóxica e cultural para o disfrute dos veciños e visitantes.
Conta cunha extensión de máis de sete hectáreas, dotadas con numerosas mesas e bancos acubilladas baixo as copas de centenarios carballos, onde gozar dun pracenteiro día ao aire libre, e da maxia que teñen as carballeiras.
Neste sorprendente entorno natural aínda consérvanse os vellos “PENDELLOS”, onde tódolos 10 e 25 de cada mes, póñense os postos da feira.
Veñen á miña memoria entre outros: OS PENDELLOS DE AGOLADA (ligazón á nosa publicación) escenario durante 224 anos dunha das máis afamadas e concorridas feiras do interior de Galicia, e o máis extenso mercado antigo de feira de Europa.
O ANTIGO RECINTO FEIRAL DE MOECHE (ligazón á nosa publicación).
Os PENDELLOS DE A GOUXA, aldea de Dozón na que celebran todos os días 11 e 23 de cada mes, feiras de gran eco e tradición, onde se degusta unha estupenda “Carne ó Caldeiro”.
E por último os de SAN MAMEDE DE MOLDES (ligazón á nosa publicación)
En Xuño teñen lugar as festas anuais coñecidas como FEIRAS DA PRIMAVERA, as cales son pioneiras en Galicia, de gran arraigamento cultural, artístico e gastronómico, e que son organizadas pola Asociación de Amigos do Campo da Feira. Nacen no ano 1976 da mán de Jesús Méndez López, e mantéñense ata actualidade, sendo o día 10 festivo local. Nelas podemos aproveitar dunha gran exposición de maquinaria agrícola, exposición de gando vacún, canina, cabalar, e de productos artesanais e típicos da zona; tamén podemos degustar productos típicos e polbo. Pola noite tamén se pode disfrutar da verbena.
Moi preto do espazo reservado para a exposición dos animais na feira,
vemos esta curiosa e divertida sinalización.
Durante a Segunda República recoñecidos políticos do momento deron mitins políticos no Campo da Feira. O máis soado foi o de RAMÓN OTERO PEDRAYO que subiuse a un estrado sobre varias cubas de viño. Hoxe, no centro da carballeira, érguese un impoñente e moderno PALCO DA MÚSICA, para dar cabida a música e tamén a palabra.
Ademais de albergar o 'BANCO PEREGRINO', obra realizada en madeira de castiñeiro polo escultor de Pantón Eugenio Linares, coa que búscase poñer en valor "a tradición xacobea" do municipio. A peza consta dun peregrino duns dous metros de altura, o nome do Páramo e un bufo, como símbolo da sabedoría e a natureza da contorna.
Para rematar, un mural lémbranos que, no 2014 o grupo “Páramo Pictures” rodou neste lugar o videoclip da famosa canción “A Bertoliña”, converténdose no vídeo musical en galego máis visto da historia.
TODA A INFORMACIÓN INCLUÍDA NESTA PUBLICACIÓN, FOI RECOLLIDA NAS SEGUINTES LIGAZÓNS:
http://www.concellodeparamo.es/portal_localweb/RecursosWeb/DOCUMENTOS/8/0_5791_1.pdf
https://es.wikipedia.org/wiki/Villarmosteiro
https://www.galiciadigital.com/opinion/opinion.3659.php
VISITA OUTROS
SORPRENDENTES LUGARES DO MUNICIPIO DO PÁRAMO NA LIGAZÓN, CUN MAPA PARA CHEGAR A
CADA UN DELES.