Mostrando entradas con la etiqueta ENTROIDO DE SAN MAMEDE. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ENTROIDO DE SAN MAMEDE. Mostrar todas las entradas

CAPELA DE SAN MAMEDE, PADERNE


É unha capela de pequenas dimensións situada no lugar da Hermida, parroquia de San Xulián de Vigo.



Consta dunha nave con cuberta a dúas augas e tella curva.


Destaca no seu cumio unha cruz sinxela e unha espadana dun oco, cunha soa campá.



É un sinxelo exemplar do románico rural galego.




No interior do templo pódese ver un curioso retablo realizado en madeira, no que se representa o xuízo final, ademais doutras bonitas tallas.












San Mamede foi un santo avogado dos nenos pequenos para que tomen o leite.




Convén sinalar, que un día, na escola de Paderne mandaron os nenos facer unha pescuda sobre tradicións e festas nos seus lugares. Un deses nenos era o fillo de Emi, unha muller de Samede que o acompañou  a falar coa xente maior. Daquela descubriron que alí antigamente se celebraba un ENTROIDO de moita sona na contorna. Era a maior festa do ano e participaban todos os veciños, e mesmo viña moita xente de fóra para velo. Alén do traballo escolar, Emi seguiu pescudando e preguntando os velliños, que, ilusionados, contaban todas as que argallaban polo Entroido e o moito que significaba na vida do lugar. Contáronlle que a xente vella que eles coñeceron xa celebraban o entroido e que  deixara de celebrarse no ano 1961, por mor do despoboamento e dun crego pouco tolerante que os ameazou coa excomuñón se o seguían a celebrar. Un dos actos principais dese entroido era a MUÑEIRA CRUZADA, un baile que se bailaba o luns de Entroido no que se xuntaban polo menos dez parellas, ou se non, non se bailaba.


Dirixían ó grupo un guía e un contraguía ós que tiñan que seguir no baile da muiñeira por toda-las airas da aldea. Se a aira era grande e se prestaba estendíanse o máximo posible par facer máis vistoso o baile. Nas airas bailábase o que chamaban “O punto” rematando na última aira cunha muñeira cruzada que duraba preto de dúas horas. Formaban colocándose por orden de chegada, dun lado os homes, a parella enfronte, e os Carolos no medio; o guía colocábase de primeiro coa súa parella enfronte, o contraguía de último. Hoxendia bailase en Samede.


San Mamede recuperou outro trociño da sua historia: As Máscaras ou Bonitos (Bailan a Muiñeira Cruzada de Samede formada por doce parellas de mozos e mozas. Visten traxe tradicional.Un dos Bonitos porta un pendón enfeitado con: rosquillas, caramelos, tabaco e ata unha botella de coñac, etc, e outro encargase de levar a Bandeira de Samede. Probablemente representen o rexurdir da vida, a primaveira, a colleita, etc,), Os Contrarios ou Vixigueiros (deben o seu nome a que nas súas mans, ou colgadas dun pau, levan “vixigas de vaca ou porco”, para facer rúido e azuzar a quen non vista como manda a tradición do Entroido), Policarpio (Meco con corpo feito de palla e testa de madeira, cun pene grande ( un nabo) ao que se xuzga o mércores de cinsa no “Enterro do Entroido”), e carolos... Un vistoso e colorista espectáculo recreado grazas ás instantáneas en branco e negro, aos testemuños de avós e avoas do pobo e aos tesouros para resgardo en baúis e arcones. E é que o Entroido de San Mamede non estaba esquecido, só perdido nos faiados dunha aldea que desempoou os mantones de manila ou cachemir, as chocas, as vistosas cintas de cores e os sombreiros para revivir este Entroido asombroso. Único.

Fotos 2016

Nos Arredores, situado nun camiño no muro exterior dunha vivenda,  érguese o cruceiro de San Mamede. Sen plataforma, presenta pedestal de forma prismática e columna de sección octogonal, rematada nun capitel de molduras rectas. A cruz ten paus octogonais, no anverso consérvase o Cristo crucificado e, no reverso, a Virxe das Dores.

http://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/18994/cruceiro-de-san-mamede-de-paderne?langId=es_ES&tp=10&ctre=55
INFORMACIÓN RECOGIDA DE LOS SIGUIENTES ENLACES







VISITA OTROS SORPRENDENTES LUGARES DEL MUNICIPIO DE PADERNE EN ESTE ENLACE, CON UN MAPA PARA LLEGAR A CADA UNO DE ELLOS.