É unha capela de pequenas dimensións situada no lugar da Hermida,
parroquia de San Xulián de Vigo.
Consta dunha nave con cuberta a dúas augas e tella curva.
Destaca no seu cumio unha cruz sinxela e unha espadana dun oco, cunha soa
campá.
É un sinxelo exemplar do románico rural galego.
No interior do templo pódese ver un curioso retablo realizado en madeira,
no que se representa o xuízo final, ademais doutras bonitas tallas.
San Mamede foi un santo avogado dos nenos pequenos para que tomen o leite.
Convén sinalar, que un día, na escola de Paderne mandaron os nenos facer
unha pescuda sobre tradicións e festas nos seus lugares. Un deses nenos era o
fillo de Emi, unha muller de Samede que o acompañou a falar coa xente maior. Daquela descubriron
que alí antigamente se celebraba un ENTROIDO de moita sona na contorna.
Era a maior festa do ano e participaban todos os veciños, e mesmo viña moita
xente de fóra para velo. Alén do traballo escolar, Emi seguiu pescudando e
preguntando os velliños, que, ilusionados, contaban todas as que argallaban
polo Entroido e o moito que significaba na vida do lugar. Contáronlle que a
xente vella que eles coñeceron xa celebraban o entroido e que deixara de celebrarse no ano 1961, por mor do
despoboamento e dun crego pouco tolerante que os ameazou coa excomuñón se o
seguían a celebrar. Un dos actos principais dese entroido era a MUÑEIRA
CRUZADA, un baile que se bailaba o luns de Entroido no que se xuntaban polo
menos dez parellas, ou se non, non se bailaba.
Dirixían ó grupo un guía e un contraguía ós que tiñan que seguir no baile
da muiñeira por toda-las airas da aldea. Se a aira era grande e se prestaba
estendíanse o máximo posible par facer máis vistoso o baile. Nas airas
bailábase o que chamaban “O punto” rematando na última aira cunha muñeira
cruzada que duraba preto de dúas horas. Formaban colocándose por orden de
chegada, dun lado os homes, a parella enfronte, e os Carolos no medio; o guía
colocábase de primeiro coa súa parella enfronte, o contraguía de último.
Hoxendia bailase en Samede.
San Mamede recuperou outro trociño da sua historia: As Máscaras ou
Bonitos (Bailan a Muiñeira Cruzada de Samede formada por doce parellas de mozos
e mozas. Visten traxe tradicional.Un dos Bonitos porta un pendón enfeitado con:
rosquillas, caramelos, tabaco e ata unha botella de coñac, etc, e outro
encargase de levar a Bandeira de Samede. Probablemente representen o rexurdir
da vida, a primaveira, a colleita, etc,), Os Contrarios ou Vixigueiros (deben o
seu nome a que nas súas mans, ou colgadas dun pau, levan “vixigas de vaca ou
porco”, para facer rúido e azuzar a quen non vista como manda a tradición do
Entroido), Policarpio (Meco con corpo feito de palla e testa de madeira, cun
pene grande ( un nabo) ao que se xuzga o mércores de cinsa no “Enterro do
Entroido”), e carolos... Un vistoso e colorista espectáculo recreado grazas ás
instantáneas en branco e negro, aos testemuños de avós e avoas do pobo e aos
tesouros para resgardo en baúis e arcones. E é que o Entroido de San Mamede non
estaba esquecido, só perdido nos faiados dunha aldea que desempoou os mantones
de manila ou cachemir, as chocas, as vistosas cintas de cores e os sombreiros
para revivir este Entroido asombroso. Único.
Fotos 2016
Fotos 2016
Nos Arredores, situado nun camiño no muro exterior dunha vivenda, érguese o cruceiro de San Mamede. Sen
plataforma, presenta pedestal de forma prismática e columna de sección
octogonal, rematada nun capitel de molduras rectas. A cruz ten paus octogonais,
no anverso consérvase o Cristo crucificado e, no reverso, a Virxe das Dores.
http://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/18994/cruceiro-de-san-mamede-de-paderne?langId=es_ES&tp=10&ctre=55 |
INFORMACIÓN RECOGIDA DE LOS SIGUIENTES ENLACES
VISITA OTROS
SORPRENDENTES LUGARES DEL MUNICIPIO DE PADERNE EN ESTE ENLACE, CON UN MAPA PARA LLEGAR A CADA UNO DE ELLOS.
No hay comentarios:
Publicar un comentario