Na parroquia de Santiago de Liñares, do municipio coruñés de Santiso, destaca o conxunto formado polo Pazo, a Igrexa e o Cruceiro.
Na interesante e completa descrición que achegan desta casa cuxos orixes remóntanse ó século XVI, indican que no centro do frontón aparece representado o escudo de armas do Pazo distribuído en catro cuarteis. No primeiro cuartel reproducen os emblemas dos Varela (cinco varas e tres flores de lis rodenado á roda dentada do martirio de Santa Catalina de Alexandría), tamén dos Varela a representación dunha torre no segundo cuartel, no terceiro cuartel o emblema dos Ulloa cos quince xaqueles e no cuarto cuartel o emblema dos Montenegro representado por unha M coroada. Estes blasóns superpóñense a un pergamiño e a unha cruz de Santiago acodada e coroados por un elmo e por unha man portadora dunha lanza no extremo superior esquerdo.
Dende o exterior da portada podese contemplar outro escudo de armas na fachada da edificación principal.
Da modesta igrexa non atopamos información algunha e a primeira ollada, do exterior destaca a espadana e as curiosas xanelas que quixesen imitar o modelo doutras moito máis antigas.
>Complétase o conxunto cun sinxelo CRUCEIRO, do que ABEANCOS.GAL tamén nos ofrecen unha detallada descrición. Nela especifican que Xosé Manuel Broz Rei encádrao na mesma tipoloxía que gran parte dos cruceiros da Terra de Melide datados entre finais do século XVIII e os comezos do século XX. Tamén recolle que se fai procesión ata el pola celebración do patrono da parroquia, o Apóstolo Santiago, e tamén pola Santa Ana, o día 26 de xullo.
Coordenadas: 42º 53' 15.0" N - 8º 03' 33.0" W
TODA A INFORMACIÓN ACHEGADA, FOI RECOLLIDA DAS SEGUINTES LIGAZÓNS:
https://www.abeancos.gal/elemento/portada-do-pazo-de-li%C3%B1ares
https://www.abeancos.gal/elemento/cruceiro-de-li%C3%B1ares
https://cruceirosdegalicia.xyz/150790401.html
VISITA OUTROS
SORPRENDENTES LUGARES DO MUNICIPIO DE SANTISO NESTA LIGAZÓN, CUN MAPA PARA
CHEGAR A CADA UN DELES.
No hay comentarios:
Publicar un comentario