SANTA MARÍA DE CUIÑA, PALAS DE REI

 Santa María de Cuíña é unha parroquia do concello de Palas de Rei na comarca da Ulloa, provincia de Lugo, situada nun pequeno val próximo ao río Pambre. Alí, nun cruce de camiños a douscentos de metros da igrexa parroquial, atopamos dous fermosos elementos arquitectónicos. 

O primeiro, un CRUCEIRO sobre unha plataforma cuadrangular de cinco chanzos nun lado e tres no outro, sobre as que apóiase unha mesa de pedra e un pedestal troncopiramidal do que xurde un fuste prismático octogonal, (164 cms de alto), rematado nun capitel troncopiramidal invertido sen figuración e que sostén unha cruz lisa cos extremos a xeito de coroas.

Xunto a el, un HÓRREO dos denominados mixtos (pedra e madeira). A pedra é empregada como elemento de cimentación, elevación e soporte do hórreo. E a madeira como elemento estructural da cámara, ou como instrumento de peche. Vemos tamén que sustentase sobre catro cepas, cun tornarratos individual para cada cepa. Apoianse nuha soleira que se xenera ao aproveitar un muro de peche, no que distinguimos tamén unha curiosa pedra reutilizada. 



No interior da cercana igrexa, acháronse a comezos dos anos setenta unhas pinturas murais que permaneceran ocultas ata entón. e que desgraciadamente para nós, ocultas siguen, pois estaba pechada. 



Coordenadas: 42º 54' 27.0" N - 7º 54' 39.9" W 

INFORMACIÓN RECOLLIDA DAS SEGUINTES LIGAZÓNS

 OS CRUCEIROS DO MUNICIPIO DE PALAS DE REI - XERARDO PEREIRO PEREZ

Equipo de investigación "Pallatiuin Regis Witiza" Texto completo (pdf) 

https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/5388/igrexa-parroquial-de-santa-maria-de-cuina?langId=gl_ES&ctre=31&tp=8# 

Os hórreos no camiño de Santiago (Palas de Rei). 

VISITA OUTROS SORPRENDENTES LUGARES DO MUNICIPIO DE PALAS DE REI NESTA LIGAZÓN, CUN MAPA PARA CHEGAR A CADA UN DELES.

No hay comentarios:

Publicar un comentario