CASA MUSEO OTERO PEDRAYO, AMOEIRO

 

Nunha das nosas xuntanzas na Provincia de Ourense, eliximos para aloxarnos a Reitoral Santa Baia, no concello de VILAMARÍN. Entre as distintas visitas que realizamos, queriamos achegar aos nosos acompañantes para coñecer este próximo museo, e a verdade, foi todo un acerto, pois a atención que nos prestaron as persoas encargadas do museo estivo sobresaliente, podendo coñecer a través das súas interesantes explicacións a vida do insigne escritor nesta casa.

Así coñecemos que a Casa Grande de Cimadevila, máis comunmente coñecida como Pazo Museo Otero Pedrayo, construína D. Benito Sotelo en 1764, tal e como podese ler no dintel da porta de entrada; pasou despois por vía familiar a Vicenta Sotelo Puga; e  seu fillo Enrique Otero Sotelo, médico e deputado provincial, herdara este pazo, donde pasou Ramón Antonio Vicente Otero Pedrayo, seu fillo, longas tempadas da súa vida, decisivas na súa formación e presentes constantemente na súa obra.

Criado entre Ourense e Trasalba, arrodeado de mimos e todo tipo de coidados converterase desde moi neno nun bo estudante, decantándose cedo polas letras e a xeografía. O pequeno Ramón, escoitará da boca da súa avoa de Trasalba, Vicenta Sotelo Puga, coñecida familiarmente como mamá Tenta, unha chea de historias en lingua galega. Contos de pazos e fidalgos, de monxes exclaustrados, de vellos personaxes populares da aldea; anécdotas de veciños e antepasados; esencias da cultura tradicional que, andando o tempo, recreará sen apenas modificar na súa obra literaria. Aquí refuxiouse tras ser represaliado nos primeiros anos do franquismo, logrando recuperar aos poucos o seu labor intelectual e docente, alcanzando unha cátedra na Universidade de Santiago.Deixou unha manda no seu testamento pola cal legaba a súa obra e propiedades, incluida a Casa Grande de Trasalba, á cultura galega e a Galicia, representada a tal efecto pola Editorial Galaxia (1950), da que foi primeiro presidente do seu Consello de Administración.

Imaxe da páxina:  http://arquivo.galiciana.gal/arpadweb/es.ga.36057.afp/es/catalogo_imagenes/grupo.do?registrardownload=0&path=50329&posicion=1&presentacion=pagina#

Nestas dependencias radícase a Fundación que leva o nome do insigne Fidalgo das Letras Galegas, e aquí custódianse parte dos obxectos persoais de Otero Pedrayo, así coma o contorno no que se desenvolveu a vida do escritor, procurando conservalo tal como era orixinariamente: estancias interiores, xardín romántico e propiedades adxuntas. Mais con algunhas modificacións, na procura dunha mellor atención e servizo aos visitantes. En sucesivas reformas construise un auditorio, salas de exposicións, recepción, biblioteca e unha librería.

Da nosa primeira visita, o venres 25/08/2000, aínda gardamos este pequeno recordo, de cando un viaxaba cun carrete de 24 fotos para toda a excursión. 

Ademais entre as nosas antigas fotos, aparecía este curioso álbum de postais con fotos dos espazos exteriores e interiores deste Pazo de Trasalba.

Paseo do xardín

Salón

Biblioteca nova

Cociña

Auditorio

Consérvase na casa de Trasalba a biblioteca persoal de Otero Pedrayo, complementada con algunhas doazóns posteriores, así como mobles, fotografías e pinturas que o acompañaron en vida. 

Dormitorio, imaxe da páxina: https://museos.xunta.gal/es/otero-pedrayo

Biblioteca, imaxe da páxina: https://museos.xunta.gal/es/otero-pedrayo

Cociña, imaxe da páxina: https://www.pinterest.es/pin/360288038912401275/

Despacho, imaxe da páxina: https://mariaberini.es/2022/06/20/visita-a-casa-museo-de-otero-pedrayo-en-trasalba-ourense-un-breve-recorrido-pola-sua-vida-e-obra/

Salienta de xeito especial o Mapa de Galicia elaborado por Domingo Fontán (1788-1866) ao que Otero deu sempre unha significación especial na súa obra e na súa biografía. A todos os que formamos parte do grupo veunos á memoria o exemplar conservado non PAZO DE TOR (ligazón a nosa publicación), en MONFORTE DE LEMOS, que tivemos ocasión de contemplar noutra de xuntanza que fixemos na Ribeira Sacra.

Imaxe da páxina: https://mariaberini.es/2022/06/20/visita-a-casa-museo-de-otero-pedrayo-en-trasalba-ourense-un-breve-recorrido-pola-sua-vida-e-obra/

Así pois, esta Casa Grande de Cimadevila é un dos grandes espazos simbólicos da cultura galega contemporánea. Por este lugar pasaron, moi especialmente en vida do escritor, multitude de amigos e irmáns na conciencia galeguista que ían escoitar a palabra xenerosa de don Ramón, angueiras e proxectos compartidos. Hoxe segue a ser un lugar de obrigada referencia.

Ver vídeo

A fachada principal dá á cara ao oeste e está case totalmente percorrida por unha solaina, que na súa última parte foi transformada en galería.

Imaxe da páxina: https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/395/casa-museo-otero-pedrayo?langId=es_ES&tp=13&ctre=78

Tamén a fachada posterior, orientada ao leste, está percorrida por outra solaina, esta de maior lonxitude, que discorre á altura do piso alto. Esta solaina ten unha varanda de pedra feita de sobrios piares sobre os que se apoia un pasamáns de pedra moldurada.

 

A nosa curiosidade, permitiunos adiviñar unha curiosa abertura no muro do peche exterior, polo cal, e desde o interior, permitía observar quen se achegaba á porta principal da casa.

Antes de abandonar o museo, ao final da visita, fomos convidados polas responsables deste a volver noutra ocasión, e acompañarnos a coñecer outras interesantes edificacións próximas relacionadas con D. Ramón.

Nós, por estar case pegado á Casa, achegámonos ao Pazo do Campo coñecido co nome de PAZO GAYÓN, debido á linaxe orixinaria do mesmo; a súa construción data do século XVIII. No s. XIX o pazo foi vendido a un tal “Chamocín”, a quen llo comprou o pai de D. Ramón Otero Pedrayo alegando que non quería que lle puxeran unha taberna cerca da súa casa; a D. Ramón mércalle o pazo D. Jesús Gil de la Serna e este, finalmente, véndella ó seu actual propietario: o arquitecto D. Juan Rodríguez de la Cruz. Hai uns anos comezouse un proxecto de restauración, mais non se concluíron as obras. A día de hoxe, é preciso acondicionalo para evitar o seu abandono.

Á dereita do Pazo vemos unha capela barroca con reforma neoclásica coroada por unha espadana sobre o escudo das liñaxes Gayón, Puga, Losada e outro que non adiviñamos. O pazo tamén ten representado o mesmo escudo sobre o dintel da porta de entrada. 

Por diante do pazo veremos un fermoso CRUCEIRO agasallo da nai de Otero Pedrayo, Eladia, no ano 1948. Sorpresa que tiña preparada para o seu fillo ao seu regreso da primeira viaxe que este fixese a Buenos Aires. Na súa base ten diferentes inscricións en galego que contan quen o mandou facer e quen foi o mestre canteiro que o esculpió.

Está non foi nosa primeira visita ao lugar e espero que tampouco sexa a última, pois nos quedou moito por descubrir. Espero volver moi pronto!


TODA A INFORMACION INCLUÍDA NESTA PUBLICACIÓN, FOI RECOLLIDA DAS SEGUINTES LIGAZÓNS:

https://dbe.rah.es/biografias/7618/ramon-otero-pedrayo

https://fundacionoteropedrayo.org/o-pazo-museo-de-trasalba/

http://www.amoeiro.gal/patrimonio-civil

http://www.amoeiro.gal/patrimonio-religioso

https://www.galiciaunica.es/pazo-don-ramon/

http://trasalba-ourense.blogspot.com/2011/01/trasalba-senderismo-cultura-tradicion-y.html

VISITA OUTROS SORPRENDENTES LUGARES DO MUNICIPIO DE AMOEIRO NA LIGAZÓN, CUN MAPA PARA CHEGAR A CADA UN DELES.