A freguesía configurouse na Baixa Idade Media
(principios do século XIV) arredor dunha fortaleza pertencente á Casa de
Saavedra. Esta casa, tivo as súas orixes en Taboi (Outeiro de Rei), preto do
emprazamento da igrexa actual. Dende as súas orixes, disfrutou dun gran
poderío, chegando a ter oitocentos vasalos. Logo, a fortaleza dos Saavedra foi
destruída durante a revolta irmandiña, manténdose os seus restos ata hai pouco
tempo. Trátase dun recinto sacro parroquial, que
está emprazado nunha pequena elevación dende a que se disfruta dunha paisaxe
admirable na que os carballos, os castiñeiros, os prados e as terras de labor
dan unha nota peculiar. Polo tanto, non resulta estraño que D. Xosé Díaz
Teijeiro dixese “ que ir ó Santuario dos Milagros de Saavedra é como ir a un
paraíso”.
O templo ao exterior non posue moito intérese,
xa que está provisto dunha fachada lisa cunha espadana de dous vans e o
correspondente remate coa cruz.
O seu interior contén unha única nave; un presbiterio cuadrangular ; e unha capela lateral, onde se amosa unha imaxe mariana, que sostén nos seus brazos ó Santo Neno Deus en actitude de dar a súa bendición. Tamén, conservase no seu interior unha relevante LÁPIDA FUNERARIA do século XVI, cun escudo cuartelado no centro, cunha cruz flordelisada e coas armas dos Montenegro, Parga e Gaioso. Está provista dun texto epigráfico, que fai alusión aos dous persoeiros alí soterrados: D. Roi González de Ribadeneira Sabedra e a súa dona Dª Violante de Losada.

Foto tomada del siguiente enlace: http://lugo.gal/es/actuaciones/dia-mundial-del-patrimonio-audiovisual-2017?fbclid=IwAR3PwO9WR9f5UgmVQy4TokxXRwDhyux2P8z5OJkKTtz3G8bcxYzTGTPduQs |
Nun cruzamento de camiños, situado preto do
santuario, hai un CRUCEIRO que
consta dos seguintes elementos nunha orde ascendente: Unha plataforma de tres
chanzos de granito. Unha base monolítica, formada por dous corpos, separados
por unha escocia; o inferior, de forma paralelepípeda; e o superior, troncopiramidal
cos bordos superiores redondeados. Nas caras Norte e Leste do corpo superior
vai gravada unha inscrición, que fai mención “aos corenta días de indulgencia
concedida polo bispo de Mondoñedo aos que recen diante destas imaxes o Pai
Noso, a Avemaría, e o Credo. Na base tamén aparece a data na que se construiu o
cruceiro, a saber, ano de 1898.
Un fuste monolítico, prismático, de sección cuadrangular nos extremos e oitavado no resto. A parte superior da cara Leste está ornada por unha custodia; nesta mesma cara aparecen esculpidos en relevo os instrumentos da paixón, que nunha orde descendente están dispostos do seguinte xeito: tres cravos, un martelo, unhas tenaces,...
... unha espada e unha escaleira de dez banzos.
A parte superior das caras Norte e Oeste están ornamentadas cun rebaixe cuadrangular, que amosa no seu interior un rombo e catro roeis flanqueandoo aos seus lados. Un capitel de forma troncopiramidal invertida, decorado por volutas nos vértices superiores e por un querubín en cada unha das súas caras.
Finalmente, unha cruz que mostra unha sección cuadrangular no seu extremo inferior e coas arestas achafranadas no resto.Ademais, os extremos dos seus brazos e da cabeceira son do tipo de cruz florenzada. No anverso, baixo unha cartela, está a efixie de Cristo, que amosa os seguintes trazos: unha coroa de espiñas na cabeza, que está inclinada ao lado dereito; os brazos están estendidos ao longo da cruz e as súas mans aparecen abertas; o perizoma anóase ao lado dereito; e as pernas, levemente flexionadas, mostran o pé dereito por riba do esquerdo, e ámbos os dous sobre unha caveira.
No reverso, está a efixie da Virxe, vestida cunha túnica e manto e, que amosa as mans cruzadas sobre o ventre.

A Virxe dos Milagres recibe unha devoción
popular en moitas comunidades galegas. Sen embargo as conmemoracións máis
relevantes, adicadas a esta advocación mariana, son as que se celebran nos
santuarios existentes en Amil (Moraña) (Pontevedra); en Monte Medo (Baños de
Molgas) (Ourense); e esta de Saavedra (Begonte) (Lugo).
A festividade
da Virxe dos Milagres conmemorase anualmente o día 24 de maio mais poden
acudir devotos ofrecidos ao longo de todo o ano. Rematada a misa maior, que se
celebra ás 13,30 horas, os romeiros participan na procesión, que dá unha volta
ao redor do santuario.
Foto tomada del siguiente enlace: http://lugo.gal/es/actuaciones/dia-mundial-del-patrimonio-audiovisual-2017?fbclid=IwAR3PwO9WR9f5UgmVQy4TokxXRwDhyux2P8z5OJkKTtz3G8bcxYzTGTPduQs |
Foto tomada del siguiente enlace: http://lugo.gal/es/actuaciones/dia-mundial-del-patrimonio-audiovisual-2017?fbclid=IwAR3PwO9WR9f5UgmVQy4TokxXRwDhyux2P8z5OJkKTtz3G8bcxYzTGTPduQs |
Foto tomada del siguiente enlace: http://lugo.gal/es/actuaciones/dia-mundial-del-patrimonio-audiovisual-2017?fbclid=IwAR3PwO9WR9f5UgmVQy4TokxXRwDhyux2P8z5OJkKTtz3G8bcxYzTGTPduQs |
Tamén se celebra aquí a patroa da freguesía, Santa María, o día 8 de setembro 18, e maila Virxe das Angustias o terceiro e cuarto domingos deste mesmo mes. Como é lóxico, a maior concentración de xente, en número dunhas 10.000 persoas, dase na primeira das datas citadas. A festividade dos Milagres data tradicionalmente – segundo José Díaz Teijeiro “do primeiro milagre levado a cabo na época da invasión francesa en España. Sen embargo a súa festividade non comezou a celebrarse ata os primeiros anos do século actual, sendo organizada por varios devotos da Virxe Milagrosa”. A presenza de fieis de numerosos municipios da Provincia de Lugo, da Provincia da Coruña, e algúns romeiros do occidente de Asturias, pon de manifesto a importancia deste santuario mariano e o seu amplo territorio de graza.
Foto tomada del siguiente enlace: http://lugo.gal/es/actuaciones/dia-mundial-del-patrimonio-audiovisual-2017?fbclid=IwAR3PwO9WR9f5UgmVQy4TokxXRwDhyux2P8z5OJkKTtz3G8bcxYzTGTPduQs |
O santuario conta coas correspondentes
narracións orais encamiñadas a amosar o poderío da Virxe dos Milagres. As máis
espalladas son catro, das que damos un resumo a seguir: 1ª En tempos da
francesada, no ano 1809, os invasores tentaron entrar no templo cos seus
cabalos para alí pasar a noite. Pero víronse sorprendidos, xa que, malia
reiteradas insistencias, non conseguiron penetrar e profanar o templo, proba da
protección sacra de que gozaba este lugar, reservado como morada da Virxe” 2ª O
señor de Vilaguisada tiña un criado que saiu unha noite a beber cuns coñecidos.
Éstes matárono e o deixaron diante da porta do curral do seu amo. A xustiza
levou preso ao señor de Vilaguisada como autor do crime, negando éste tal
feito. Antes de ser xulgado, pediu ir rezar á Virxe dos Milagres, séndolle
concedida tal petición. Entón, indo polo camiño real, pasaron diante dun lugar
chamado Fontetián, onde naquel tempo había unha fonte ligada ao culto á Virxe.
Neste lugar pediu aos seus gardas que lle deixasen beber, ao que estes
accederon. Isto deu lugar a que as cadeas coas que viña preso caesen aos seus
pés. Pero os gardas volveron poñerllas, sendo conducido ao santuario. Alí, ao
rezar as primeiras oracións, volvéronlle caer as cadeas, quedando deste xeito,
para confusión dos seus acusadores e sen necesidade de xuizo, demostrada a súa
inocencia. Este señor, logo de varios anos, morreu, sendo enterrado no lado
esquerdo do altar. Díse que o día do seu enterro a comitiva cubría unha
distancia de tres quilómetros. 3ª Nunha casa chamada do Pozo, preto do
santuario, declarouse un incendio nun palleiro situado na eira. As lapas eran
tan considerables que ameazaban con propagarse a cinco medas. Un membro da
familia, ante a posibilidade de quedar sen colleita de gran aquel ano, acudiu á
rectoral, rogando ao párroco que lle deixase levar a imaxe da Virxe ata a súa
casa. Obtido o permiso e levada a Virxe ao lugar do incendio, o vento cambiou
de dirección, cesando o perigo de propagación do lume. 4ª En tempos da
francesada, no ano 1809, os membros da comunidade parroquial gardaron a coroa
da Virxe baixo un montón de follas secas no lugar das Revoltas, preto do
santuario. Segundo a tradición, os franceses estiveron percorrendo os arredores
do recinto sacro na procura da devandita coroa mariana. Logo da súa marcha, os
paisanos da comunidade atoparon a coroa da Virxe baixo a restreba na que fora
ocultada.
Foto tomada del siguiente enlace: http://lugo.gal/es/actuaciones/dia-mundial-del-patrimonio-audiovisual-2017?fbclid=IwAR3PwO9WR9f5UgmVQy4TokxXRwDhyux2P8z5OJkKTtz3G8bcxYzTGTPduQs |
Os devotos acoden, consonte é habitual, ao
recinto sagrado para pregarlle á Virxe a concesión dalgunha petición ou como
agradecemento por un favor recibido. Ás veces, tamén veñen para acadar algunha
intercesión para outras persoas, que non poden vir por algunha doenza. Entre as
peticións máis relevantes están as doenzas humanas de distinta índole e a
encomendación para os nenos, que van a nacer, ou para os recén nacidos. Tamén
tratan de buscar unha solución a diferentes problemas de carácter familiar e
social.
Ademais da participación na liturxia oficial (novena,
misas, procesión), os devotos levan a cabo diversos RITUAIS POPULARES. Un deles é o de vir andando ao Santuario. Noutrora
moitos devotos para entrar en contacto co sagrado usaban como medio de
purificación o sufrimento físico, consistente en facer o camiño andando,
descalzo e, tamén, de xeonllos o último tramo. No intre actual, este ritual foi
decaendo debido non só ao avance dos medios de locomoción, senón tamén a unha
maior racionalización da igrexa sobre certas prácticas rituais.
Foto tomada del siguiente enlace: http://lugo.gal/es/actuaciones/dia-mundial-del-patrimonio-audiovisual-2017?fbclid=IwAR3PwO9WR9f5UgmVQy4TokxXRwDhyux2P8z5OJkKTtz3G8bcxYzTGTPduQs |
Foto tomada del siguiente enlace: http://lugo.gal/es/actuaciones/dia-mundial-del-patrimonio-audiovisual-2017?fbclid=IwAR3PwO9WR9f5UgmVQy4TokxXRwDhyux2P8z5OJkKTtz3G8bcxYzTGTPduQs |
Outro dos rituais e o de circunvalar o templo
unha ou varias veces de xeonllos ou de pé, descalzos ou calzados. Durante o
percorrido portan nas súas mans unha vela acesa, ás veces da mesma altura que a
do ofrendante; algún exvoto de cera, simbolizando unha figura humana total ou
parcialmente; algún velón ou cirio pequeño; ou unha pequena imaxe da Virxe, que
se van pasando uns a outros na porta principal.
Foto tomada del siguiente enlace: http://lugo.gal/es/actuaciones/dia-mundial-del-patrimonio-audiovisual-2017?fbclid=IwAR3PwO9WR9f5UgmVQy4TokxXRwDhyux2P8z5OJkKTtz3G8bcxYzTGTPduQs |
Foto tomada del siguiente enlace: http://lugo.gal/es/actuaciones/dia-mundial-del-patrimonio-audiovisual-2017?fbclid=IwAR3PwO9WR9f5UgmVQy4TokxXRwDhyux2P8z5OJkKTtz3G8bcxYzTGTPduQs |
E por último, o desexo de todo devoto é entrar en contacto coas imaxes de devoción e demais elementos e obxectos ligados ao santuario, xa que o sagrado proxecta a súa cualidade, sacraliza. Son os rituais de contacto. Un ritual de contacto moi popular é o de poñer a santa. Nun pórtico situado cabo da igrexa e do cemiterio, dúas persoas da parroquia, con senllas imaxes pequenas da Virxe dos Milagres, fan unha cruz por riba da cabeza dos devotos. Como a Virxe dos Milagres se encontra no interior dun pórtico, os devotos que queren levar a cabo outro ritual, o de contacto coa imaxe, entréganlle panos aos encargados de pasalos polo manto da efixie, devolvéndollos a seguir aos propietarios, quen os empregan para tocar as partes doentes dos seus corpos. Hai anos dunha fonte, sita no lugar de Fontetián a uns 350 metros do santuario, algúns devotos bebían a súa auga e levabana en botellas para as súas facendas. No intre actual este ritual xa non se leva a cabo. Os rituais de contacto, como “poñer o santo”, ou de tocar obxectos na imaxe para levalos a casa como portadores da graza da imaxe sacra, poden ser clasificados como formas de “maxia contaminante”, inspirada pola lei de contacto, que se basea no principio de que un obxecto posto en contacto con outro adquire as virtudes deste.
Como compensación polos favores recibidos, ou
como ofrenda propiaciatoria, os devotos levan a cabo ademais unha serie de
ofrendas: A Esmola en metálico; o pago das Misas e os Exvotos (a orixe do
exvoto é antiga, aparecendo xa na Prehistoria).
Foto tomada del siguiente enlace: http://lugo.gal/es/actuaciones/dia-mundial-del-patrimonio-audiovisual-2017?fbclid=IwAR3PwO9WR9f5UgmVQy4TokxXRwDhyux2P8z5OJkKTtz3G8bcxYzTGTPduQs |
INFORMACIÓN RECOGIDA DEL SIGUIENTE ENLACE
VISITA OTROS
SORPRENDENTES LUGARES DEL MUNICIPIO DE BEGONTE EN ESTE ENLACE, CON UN MAPA PARA LLEGAR A CADA UNO DE ELLOS.
No hay comentarios:
Publicar un comentario