Esta igrexa parroquial do seculo XII e estilo romanico do que só perdura
o tramo absidial, é unha das fundacións máis antigas da Comarca de Ordes. Aparece citada xunto cos templos de SAN
PEDRO DE BENZA, SAN
XOÁN DE CAMPO e Santaia de Pereira na designación de igrexas da sede de Iria de Tructinio (c.
830), dentro do territorio de Montaos.
Presenta planta rectangular dunha nave con cabeceira cadrada destacada,
onde aínda conserva unha primitiva xanela central de medio punto, sobre columnas
cilíndricas rematadas en capiteis entre os que se adiviñan motivos vexetais,
destacando a decorada chambrana.
No testero sobresae unha sinxela
cruz.
Mostra dous canecillos zoomorfos, algo pouco
frecuente na Comarca. Unha fera con aspecto de cánido de corpo enteiro, de
costas e coa cabeza volta cara ao espectador con xesto ameazante.
A outra son os cuartos dianteiros dun animal cuxo rostro desapareceu,
pero polo tratamento da pelame parece un león.
Mentres que o norte permanece agochado pola sacristía engadida no ano 1671.
Nese mesmo muro norte advertimos unha porta de medio punto tapiada.
Na fachada, moi recente, podemos ler unha inscrición na que advertimos a
súa data de creación: “Se hizo esta obra
siendo cura párroco D. Juan Mosquera Bello 1868”.
Sobre esta, unha espadana de doas vans nos que albergar as campás. O
corpo superior adórnase con pináculos.
No interior, a zona máis interesante sen dúbida é o presbiterio, ao que
se accede traspasando o arcavan trunfal
de medio punto, sobor de columnas adousadas...
... e basas clasicas.
Os dous tramos que conforman o recinto, sepáranse tamén con arco faxon de medio punto e características semellantes o anterior.
Preside o altar maior, un retablo barroco con cinco imaxes e o sagrario.
E finalizamos xunto á porta principal de entrada, onde vemos unha pila
bautismal e outra de auga bendita, ambas moi sinxelas.
TELÉFONO: 981198714.
INFORMACIÓN RECOLLIDA DAS SEGUINTES LIGAZÓNS
VISITA OUTROS
SORPRENDENTES LUGARES DO CONCELLO DE TRAZO NESTA LIGAZÓN, CUN MAPA PARA CHEGAR A CADA UN DELES.
No hay comentarios:
Publicar un comentario