SAN XOÁN DO CAMPO, TRAZO

Igrexa de orixe románica (século XII) que aínda conserva moitos elementos da súa arquitectura primitiva.



A planta é rectangular, coa parte correspondente á capela maior máis estreita e de menor altura, e dúas estancias engadidas nun lateral que fan desaparecer a simetría inicial.



Como recordo da factura románica permanece gran parte da cabeceira co arco cego da fachada posterior flanqueado por columnas que xa aparece noutras igrexas da zona. O dito arco interrompe unha moldura que percorre a fachada e desemboca nos beirais dos muros laterais.



Tamén algúns CANZORROS orixinais que mantéñense alo longo do alero do tellado, outros son réplicas en cemento.





No testeiro da nave e da ábsida sobresaen dúas fermosas cruces ANTEFIXAS.




A fachada principal, de gran sobriedade, utiliza o esquema compositivo tradicional con porta, van e espadana, neste caso de dous vans, situados nun mesmo eixe central.





Na entrada situada fronte a esta fachada principal, podemos ver incrustada no muro que pecha o atrio-cemiterio, unha pia de auga bendita e á beira contrario, 
 unha pia bautismal.





Ademais, todo o pavimento que comunica este acceso co templo, esta composto por antigos enterramentos.




No interior, tamén conserva da primitiva fábrica o arco triunfal que separa a nave do presbiterio, sostido por rústicas columnas con capiteis vexetales pegadas ao muro. Este elemento repítese en Santa María de Chaián y SAN PEDRO DE BENZA, ambos templos tamén do século XII.

  



  



Outro arco, de características similares ao xa citado, repítese no fondo desta capela maior.




 Trás do altar maior, sitúase o RETABLO con varias esculturas.






 Ollamos algún outro elemento interesante, como unha PÍA DE AUGA BENDITA.

  

 No moi lonxe do templo érguese un CRUCEIRO de cantería sobre tres chanzos, no que se asenta a base. 



Esta amosa una inscrición ”HIZO JACOME DAICIA A 1614”. Sobre ela un varal liso octogonal que comeza cadrado con paramentos recadrados. 



O capitel deixa ver unha moldura circular sobre a que descansa a cruz cuadrangular con remates en forma aforquitada coa representación do Cristo crucificado, no anverso, e o tema da Piedade no reverso.



De camiño dende o templo ao cruceiro, topamonos con esta curiosa peza, que outrora poidera facer as veces de bebedoiro.





Coordenadas: 43º 01' 42.9" N - 8º 29' 33.0" W

INFORMACIÓN RECOLLIDA DAS SEGUINTES LIGAZÓNS






VISITA OUTROS SORPRENDENTES LUGARES DO CONCELLO DE TRAZO NESTA LIGAZÓN, CUN MAPA PARA CHEGAR A CADA UN DELES.

No hay comentarios:

Publicar un comentario