Trátase dunha igrexa de orixe románica pero remodelada con
posterioridade, compartindo características propias doutros estilos, como o
barroco, feito habitual en moitas igrexas rurais. Presenta unha planta rectangular coa capela maior diferenciada ao ser máis estreita e máis baixa, seguindo un eixo de simetría que se ve truncado polo engadido posterior dun espazo dedicado á sancristía, nun lateral da cabeceira.
A fachada, de tipoloxía barroca, que posúe unha gran similitude coa da IGREXA DE SANTA MARÍA de Trazo, segue o esquema compositivo tradicional.
Inscripción no muro da sacristía |
A fachada, de tipoloxía barroca, que posúe unha gran similitude coa da IGREXA DE SANTA MARÍA de Trazo, segue o esquema compositivo tradicional.
Posúe partes construídas en cachotería e outras en cantería,
probablemente por mor desas remodelacións posteriores á súa construción
inicial.
No exterior, e sobre todo na parte do testeiro, aínda se conservan algúns
elementos románicos, como unha fiestra cun arco de medio punto sostidos por
columnas; modillóns; canzorros ou contrafortes.
O interior tamén é de grande interese, co presbiterio separado da nave
por medio dun grande arco triunfal apuntado, sostido por dúas grandes columnas
con capitel corintio esquematizado apegadas ao muro.
Nun deses capiteis ollamos a inscripción S. XII.
Detrás do altar maior sitúase un gran retablo barroco.
Nos muros laterais da nave ábrense arcos que albergan pequenos retablos
de madeira.
Preto do templo érguese un CRUCEIRO realizado en granito. Apóiase
sobre tres banzos de planta cuadrangular. A base cuadrangular termina con
chafláns, e ten a inscrición “…1702…! O fuste é cadrado con chafláns,...
... capitel troncopiramidal invertido con cabezas de anxos con ás e dúas imaxes de corpo enteiro, unha delas de San Antonio de Padua e outra sen recoñecer.
Ten a cruz cuadrangular con figuras de Cristo...
... e a Inmaculada, cun rechamante manto bordado con adornos de todo tipo moi acertadamente esculpidos.

Xunto o cruceiro atópase un HÓRREO de tipoloxía Ullo-Arzúa mixto,
sobre catro cepas de cantería de escasa sección e contorno curvilíneo con
tornarratos rectangulares.
Sobre cada sua cepa, pilastras de granito de sección cadrada forman a estructura do hórreo e dividen en tres tramos a alongada cela de madeira. Cuberta a dúas aguas con aleiros lixeramente voados.
Sobre cada sua cepa, pilastras de granito de sección cadrada forman a estructura do hórreo e dividen en tres tramos a alongada cela de madeira. Cuberta a dúas aguas con aleiros lixeramente voados.
Coordenadas: 43º 01' 17.0" N - 8º 35' 42.0" W
INFORMACIÓN RECOLLIDA DAS
SEGUINTES LIGAZÓNS
VISITA OUTROS
SORPRENDENTES LUGARES DO CONCELLO DE TRAZO NESTA LIGAZÓN,
CUN MAPA
PARA CHEGAR A CADA UN DELES.
Muy hermosas imágenes. Muchas gracias.
ResponderEliminarMuchísimas gracias por el comentario!
Eliminar