Mostrando entradas con la etiqueta FRADES - ÁREA RECREATIVA DO MUIÑO DE CÉLTIGOS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta FRADES - ÁREA RECREATIVA DO MUIÑO DE CÉLTIGOS. Mostrar todas las entradas

ÁREA RECREATIVA DO MUIÑO DE CÉLTIGOS, FRADES




Este espazo natural situado no lugar de Campoduro, na parroquia de Céltigos, ten como característica máis fermosa o seu muiño e a canle totalmente limpa e acondicionada que chega ata o mesmo.




Este muiño foi restaurado completamente e conta con todas as súas pezas orixináis, permitindo na época de choiva que se poña a funcionar.


Ten muros de cachotería, agás os marcos da porta, que son de cantería. Cuberta de unha auga.


Ademáis, para o seu acceso, conta con un fermoso sendeiro de pedra e unha fotoxénica ponte de madeira que salva o río Maruzo.






Igualmente agraciada é a fervenza que forma a auga desaproveitada polo muíño no seu estado de inactividade.



O espazo natural, emvolto por unha marabillosa carballeira no entorno do río, tamén está acondicionado con bancos que permiten o descanso e a contemplación da natureza.






INFORMACIÓN RECOLLIDA DAS SEGUINTES LIGAZÓNS



VISITA OUTROS SORPRENDENTES LUGARES DO MUNICIPIO DE FRADES NESTA LIGAZÓN, CUN MAPA PARA CHEGAR A CADA UN DELES.