Este espazo natural situado no lugar de Campoduro, na parroquia de Céltigos, ten como característica máis fermosa o seu muiño e a canle totalmente
limpa e acondicionada que chega ata o mesmo.
Este muiño foi restaurado completamente e conta con todas as súas pezas
orixináis, permitindo na época de choiva que se poña a funcionar.
Ten muros de cachotería, agás os marcos da porta, que son de cantería.
Cuberta de unha auga.
Ademáis, para o seu acceso, conta con un fermoso sendeiro de pedra e unha
fotoxénica ponte de madeira que salva o río Maruzo.
Igualmente agraciada é a fervenza que forma a auga desaproveitada polo muíño no seu estado de inactividade.
O espazo natural, emvolto por unha marabillosa carballeira no entorno do
río, tamén está acondicionado con bancos que permiten o descanso e a
contemplación da natureza.
INFORMACIÓN RECOLLIDA DAS SEGUINTES LIGAZÓNS
VISITA OUTROS
SORPRENDENTES LUGARES DO MUNICIPIO DE FRADES NESTA LIGAZÓN,
CUN MAPA PARA CHEGAR A
CADA UN DELES.
No hay comentarios:
Publicar un comentario