MUSEO GALEGO DO ENTROIDO, XINZO DE LIMIA

O museo naceu coa intención de agrupar e preservar o carácter propio desta tradición de Galicia en xeral e das aldeas de Xinzo de Limia en particular. 



Entroido de Xinzo de Limia ten un dos ciclos de entroido máis longos de Galicia e de España, con cinco semanas de duración, prosegue polo resto da provincia cun tratamento especial en VERÍN e Laza, que con Xinzo completan o «triángulo máxico ». En 2019 foi declarado Festa de interese turístico internacional de España, tamén pola oferta gastronómica que ofrecen durante estas semanas.


O Museo Galego do Entroido (MUGAE) está situado na antiga praza de abastos, rehabilitada para este fin.



A exposición central do museo “O Entroido“, está situada na primeira planta do edificio. O percorrido por ela comeza na recepción, onde un gran taboleiro explica que é o Entroido, cal é a súa historia e cal é o seu símbolo por excelencia.
 Para continuar o itinerario accedese a un corredor chamado «o corredor do CICLO DO ENTROIDO», onde se explican todos os ritos e celebracións que se levan a cabo durante o Entroido, tamén as fins de semana anteriores e posteriores: Fareleiro,...




... Oleiro,...





 ...Compadres e Comadres,...



 ...Corredoiro,...




 ...Entroido (domingo, luns e martes),...





 ...O mércores de cinza ten lugar o enterro da sardiña,...


... e o ciclo péchase o domingo de piñata.
 

Rematado este corredor, éntrase a outro dedicado aos «SONS DO ENTROIDO», aquí explícanse tanto os sons tradicionais (as chocas, os axóuxeres, os conxuntos tradicionais de música e as canción humorísticas), como os sons mais modernos (charangas, comparsas ou música moderna) que no Entroido, como en todo tipo de festexos, teñen a súa peculiar confrontación entre os entroideiros máis puros e tradicionais e os máis modernos.


Continuando co percorrido chégase ao corredor das «PERSONAXES PECULIARES» e da «Gastronomía do Entroido». 



Este corredor conta con mostras de diferentes personaxes peculiares de moitas aldeas de Galicia: Os Cabezudos, os Capuchos, os Mecos,...



...as Gárgolas, as Madamas e Galáns,...





... o Loro Ravachol,( nado cara a 1891 e finado o 24 ou 25 de xaneiro de 1913, era un papagaio, mascota de Perfecto Feijoo, e vivía na botica que este tiña na praza da Peregrina en Pontevedra. Recibiu o seu nome do anarquista francés François Claudius Koënigstein, máis coñecido como Ravachol, condenado a morte en 1892. Era moi apreciado polas xentes da vila polos seus afamados diálogos e expresións, non sempre correctas, pois era moi mal falado. Frases famosas súas eran se collo a varaaquí non se fía, ou arre, arre),...


... o Merdeiro ou Escabicheiro (vestirse no entroido de merdeiro era un costume típico entre os mariñeiros da ribeira viguesa. O seu obxectivo era incomodar a xente na época do entroido, refregando indiscriminadamente ás súas vítimas con restos de peixes podrecidos. A vestimenta era á imitación dos escabicheiros, persoas do rural que collían os escabiches e baleiraban os pozos negros da cidade para cuitar as súas veigas, esaxerando os elementos do traxe e apeiros máis significativos: o pucho, os símbolos e o farol),...



... o Felipeiro, o Cabreiro,...





... o Oso de Salcedo, o Careto e o Frei Canedo.





Ademais, móstrase unha representación das comidas típicas do Entroido como o cocido, o lacón con grelos e demais manxares feitos con porco; tamén se fala dos doces típicos desta festividade como as filloas, as roscas, a bica e as tradicionais orellas.




Para finalizar, éntrase na sala central, a máis importante de toda a exposición, a dedicada as «RAÍÑAS DO ENTROIDO». Aquí encóntrase unha mostra dos traxes dos personaxes dos Entroidos máis coñecidos de Galicia: como Boteiro de Viana do Bolo (leva unha máscara de peso considerábel feita de pel de cabra ou de cartón, de cor rosa con barba e bigote tallada en madeira de bidueiro e de cor negra; as dúas coroadas por unha gran pantalla de formas xeométricas adubiadas con fitas de moitas cores),...


 O Felo (traxe característico do Entroido de Maceda; é similar aos peliqueiros de Laza e aos CIGARRÓNS de Verín. A palabra felo ven da palabra xermánica fillon, semanticamente indica que pode azoutar e, por outra banda, é un sinónimo de máscara),...




...o Vergalleiro de Sarreaus (leva un un corno que fan soar para anunciar aos habitantes de Sarreaus que hai que saír á rúa para gozar do entroido),...




... o Vellarrón de Riós (estas máscaras saían en grupo a pedir cartos ou comida coa que facer logo un xantar para o grupo. O vellarrón, facía soar as campás do cinto e asemade ía zorregando co farrampo (un látego similar a un mallo) a cantos atopaba na rúa ao seu paso. A xente dicíalle: "¡Vello, vello, vellarrón, mete os cartos no bolsón!", para que gardase os cartos que algúns –poucos– lle daban),...



... o Galo, a Mázcara de Manzaneda (este elegante personaxe adoita ser tamén un consumado bailarín que con gran destreza acompaña en todo momento o  folión),...





... o Peliqueiro de Laza (a máscara vai coa cabeza cuberta con carauta de madeira pintada de cores rechamantes, que se prolonga nunha especie de mitra de metal cun motivo zodárico (leónloboboi). Detrás leva unha pelica de can, noutro tempo de gato montésraposo ou lobo. Desta pelica venlle o nome de peliqueiro), dise que a súa orixe provén dun impopular recadador de impostos dos Condes de Monterrei,...




... o CIGARRÓN de Verín,...


... o Labardeiro de Mugares, Toén,...



...o Troteiro de Bande (uns traxes de entroido que se están recuperando despois de 60 anos desaparecidos, o seu nome provén de trouleo ou trote, é dicir, o seu principal característica é que percorrían as rúas e os camiños da vila, meténdose coas mulleres e os vellos),...



... a Bonita de Sande, Cartelle,...



...o Xeneral do Ulla (Inspirados nas loitas que tiveron lugar na comarca do río Ulla durante a primeira metade do século XIX, coa invasión das tropas napoleónicas, xurdiron estes “ xenerais”. Estes aristócratas militares do entroido galego animan aos veciños e visitantes da comarca do Ulla a través das súas batallas dialécticas, coas que provocan aos pobos veciños usando cómicos “ atranques” ou “altos”, cos que se realiza unha burla da guerra),...



 o Volante de Chantada e a Pantalla de Xinzo de Limia, personajes ancestrales que recorren la villa golpeando dos vejigas de animales, secas e hinchadas cómo globos, imponiendo su ley.



A tradición di que se atopan a unha muller sen disfrazar deberán bailar ao redor dela e se pola contra é un home, leste será perseguido e levado en brazos ata o bar máis próximo onde terá que convidar a unha rolda de viños.




O MUGAE conta con outra exposición permanente chamada «OS MUNDOS DE CARLOS CASARES».


Esta exposición ten como obxectivo celebrar a vida e a obra do escritor limiao Carlos Casares, facendo un percorrido pola súa obra e a súa vida a través das viaxes que realizou e as persoas as que coñeceu.








Coordenadas: 42°3′39.28 N 7°43′33.69 W
Tfno. 988 680 690

INFORMACIÓN RECOLLIDA DAS SEGUINTES LIGAZÓNS



VISITA OUTROS SORPRENDENTES LUGARES DO MUNICIPIO DE XINZO DE LIMIA NESTA LIGAZÓN, CUN MAPA PARA CHEGAR A CADA UN DELES.

No hay comentarios:

Publicar un comentario