O Concello de Vila
de Cruces conserva un importante fondo artístico e monumental, diseminado
por vilas e aldeas ou gardado en Museos de
Galicia. Este patrimonio esta aparellado principalmente a construccions
relixiosas (igrexias, mosteiros,
capelas
e cruceiros),
que se erixiron en diversas épocas.
En Frieira, lugar da parroquia de Camanzo e onde é de obrigada visita o
seu MOSTEIRO DE SAN SALVADOR, podemos ver unha desas mostras
patrimoniais.
Trátase dun CRUCEIRO relativamente moderno. A estrutura está
protexida por un peche metálico bastante alto, asentado sobre o inferior dos
tres chanzos que compoñen a súa plataforma, sobre a que se alza o pedestal
moldurado e carente de decoración.
O fuste é de sección cuadrangular nos extremos e coas arestas rebaixadas
no centro, onde se mostra unha imaxe sobre unha peana.
Na parte superior do varal esculpironse unha cuncha de vieira e a cruz de Santiago, así como os símbolos da paixón (martelo e tenaces).
Na parte superior do varal esculpironse unha cuncha de vieira e a cruz de Santiago, así como os símbolos da paixón (martelo e tenaces).
O capitel presenta forma troncopiramidal invertida, con diferentes caras
de anxos alados no centro e volutas nas esquinas. A cruz é de seccione
cuadrangular e arestas en chaflán, excepto nas esquinas. No anverso mostra a
figura de Cristo crucificado con tres cravos, a cabeza lixeiramente inclinada
cara á fronte e o pano de pureza anudado á dereita. Sobre el, a cartela sen
inscrición.
Ao reverso obsérvase a imaxe dunha dignidade episcopal, pois se acha
tocado coa mitra. Coa man dereita suxeita un libro aberto e na esquerda un
báculo.
VISITA OUTROS
SORPRENDENTES LUGARES DO MUNICIPIO DE VILA DE CRUCES NESTA LIGAZÓN,
CUN MAPA
PARA CHEGAR A CADA UN DELES.
No hay comentarios:
Publicar un comentario