No medio dunha fermosa campía érguese solitario
este edificio de estilo románico e pequenas dimensións, datado na primeira metade do
século XII, aínda que desta época só conserva a ábsida; o resto é resultado de
diferentes reformas ao longo do tempo, aínda que se mantén o trazado da nave
románica.
A planta é rectangular, cun presbiterio da mesma
forma. Os muros que a conforman son de cachotería e cantería de lousa e
granito, e a cuberta de tella a dúas augas.
A fronte é sinxela, con portada
alintelada e cun campanil dun só van.
A ábsida é máis baixa e reducida que a nave. Conserva no exterior varios canzorros de sobria decoración,...
Testero da nave |
... e unha ventá no
testeiro con dúas arquivoltas, con columnas con capiteis moi estilizados.
No interior, o arco triunfal que a separa da nave
é de medio punto con tendencia á ferradura, de clara influencia prerrománica,
dobrado e de aresta viva, con columnas apegadas e capiteis de varias ordes.
Foto de: https://www.flickr.com/photos/freecat/7645239182/ |
A
beira do camiño e preto da igrexa érguese un CRUCEIRO con plataforma cuadrangular
de bordo recto e moldura ribada de seccion concava.
Carece de base. O fuste
monolitico, prismatico, de seccion cuadrangular nos extremos e coas arestas
achafranadas no resto, decorandose na parte superior con cintas colgantes
rematadas por gotas sobre as arestas. Observase unha rotura a altura da sua
parte central.
Presenta capitel cubico, moldurado a base do xogo de bandas en resalte
sobre outras refundidas, destacandose a superior por ocupar a metade do espazo
e o diferente tratamento ornamental, cunha faixa de arquirios de medio punto
separados por espazos rectos —interpretacion dun arco serliano— en resalte
sobre o fondo liso. Cruz latina, de seccion octogonal, cos extremos dos brazos
lobulados e boton central.
Datos historicos: datado en 1873, como se observa nas contas
parroquiais do mesmo ano: "280 reales por beneficiar un crucero de piedra
enfrente de la iglesia para obsequio de la misma, que llevaron los maestros
canteros y demas peones. Catro anos mais tarde, sendo depositario Antonio
Ferreiro, rebaixanse ainda 20 reais polos xornais e servizos prestados na
construcion do cruceiro parroquial.
Coordenadas: 42º 44' 03.9" N - 7º 49'
09.9" W
INFORMACIÓN RECOLLIDA DAS SEGUINTES LIGAZÓNS
VISITA OUTROS SORPRENDENTES LUGARES DO MUNICIPIO DE MONTERROSO NESTA LIGAZÓN,
CUN MAPA
PARA CHEGAR A CADA UN DELES.
No hay comentarios:
Publicar un comentario