Esta Carballeira é unha espectacular masa de Carballos ( Quercus robur) de gran porte, composta de árbores de
media idade, que ocupa unha superficie de 6.299 metros cadrados
aproximadamente. A altura dominante destes está entre os 15 e os 20 metros aprox. e o diámetro medio é de 40 centímetros aprox.
Recibiranos un precioso CRUCEIRO realizado en granito. Na base
conserva unha inscrición que sinala: “doado
pola familia Calvo Vázquez- ano 1978”.
Na metade do fuste leva unha figura feminina, apoiada nunha peana, cun
crucifixo nos brazos, que algúns sinalan como a representación da imaxe de
Santa Rita. Aínda que polo pelo, longo e solto,
inclinaríame a sinalar que podese tratar de Madalena penitente.
Chama tamén a atención, o capitel con anxos alados nas esquinas.
Presenta unha cruz coa imaxe de Cristo crucificado na parte anterior e
imaxe da Virxe do Rosario na posterior.
Tras este sitúase unha sinxela CAPELA de planta rectangular, da
que destaca a espadana do campanario de gusto barroco-rural tradicional.
Tras esta, un monólito cunha imaxe feminina de cabelos longos e un
crucifixo coa figura de cristo nas súas mans, moi parecida á vista no fuste do cruceiro.
Esta carballeira é o lugar de celebración dunha das romarías máis
concorridas e veneradas no Concello do Pino: a ROMARÍA DA MADALENA que
se celebra o 22 de xullo.
Baixo o tupido arborizado autóctono e aproveitando o paso do Rego de
Carballas, habilitouse unha preciosa ÁREA RECREATIVA, dotada de mesas,
bancos e palco.
Ademais formouse unha pequena LAGOA, na que ten lugar o concurso
anual de pesca infantil.
Sen dúbida, un apracible lugar onde pasear e gozar dun día ao aire libre.
Coordenadas da Carballeira: 42º56’02.2”N 8º24’47.1”W
INFORMACIÓN RECOLLIDA DAS SEGUIENTES LIGAZÓNS
VISITA OUTROS
SORPRENDENTES LUGARES DO MUNICIPIO DE O PINO NESTA LIGAZÓN,
CUN MAPA PARA CHEGAR A CADA UN DELES.
No hay comentarios:
Publicar un comentario