Na parroquia de San Pedro de Fiopáns, atopamos este muiño na orilla do
río Portalaxe, afluente do Tambre, e no moi lonxe da fermosa ÁREA RECREATIVA DE FIOPÁNS, da que xa vos falamos noutra publicación.
Foi rehabilitado recentemente, no que se investiron 15.600 euros de fondos
do concello, para substituir a madeira do interior, poñer un novo tellado, encintar
a parade exterior para garantir a conservation deste muiho, no que a vecinanza
continua moendo coma hai anos. É o único en funcionamento no municipio.
A restauración do Muiño da Calexa xa se intentara hai anos por parte do
Concello, cando a Deputación da Coruña sacara o plan de arquitectura popular.
Agora, a veciñanza asinou a cesión necesaria para que o Concello puidese acometer
as obras, pero mantendo titularidade do inmoble. A cambio desta rehabilitación a
veciñanza comprometeuse a permitir a visita dos escolares do municipio, para
que poidan coñecer o funcionamento do muiño e, o oficio de muiñeiro.
Sinalar, que por aquí pasa o roteiro da RIBEIRA DO TAMBRE que
dende a área recreativa antes mencionada, nos leva ata a ponte de Portochán.
TODA A INFORMACIÓN INCLUÍDA NESTA PUBLICACIÓN FOI RECOLLIDA DA SEGUINTE LIGAZÓN:
https://issuu.com/concellodabana/docs/revista_ba_a_inverno_2018
VISITA OUTROS
SORPRENDENTES LUGARES DO CONCELLO
DA BAÑA NA LIGAZÓN, CUN MAPA PARA CHEGAR A CADA UN DELES.
No hay comentarios:
Publicar un comentario