Este Cruceiro levántase moi preto da igrexa parroquia
de Santiago de Vilaño, en cuxa
sancristía se atopa o miliario, que o historiador José Manuel Caamaño
data no século IV, concretamente entre os anos 351 e 353. A peza presenta unha
forma cilíndrica e mide 146 centímetros. Posúe unha inscrición, con letras de
entre 5 e 7 centímetros, na que se pode ler unha mensaxe incompleta en latín,
que podería dicir “bono rei publicae
natus. Magno Decentio nobilissimo et florentissimo caesari”. Nesta
inscrición hónrase o césar Decencio,
irmán do emperador Magnencio,
circunstancia estraña xa que habitualmente estaban dedicados ao emperador.
Coordenadas: 43°14'24.1"N 8°35'54.1"W
TODA A INFORMACIÓN INCLUIDA NA PUBLICACIÓN, FOI RECOLLIDA DAS SEGUINTES LIGAZÓNS:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/LARACHA/documents/0199CA003.PDF (páxina
23).
VISITA OUTROS
SORPRENDENTES LUGARES DO CONCELLO DA LARACHA NESTA LIGAZÓN, CUN MAPA PARA CHEGAR A CADA UN DELES.
No hay comentarios:
Publicar un comentario