SAN MARTIÑO DE ORTO, ABEGONDO


Igrexa de estilo predominantemente neoclásico. Tense constancia dela dende 1617, pero a súa última reforma foi de 1870. A fachada principal, de gran sobriedade, remátase cun frontón triangular que serve de base para unha espadaña de dous corpos, onde vemos a imaxe do santo.


A igrexa conta cunha parcela na que se desenvolve o cemiterio e o adro. Nela atópanse superficies axardinadas con especies arbóreas autóctonas e de gran porte, enterramentos históricos dispersos polo camposanto, e unha PÍA BAUTISMAL histórica en desuso feita en cantería. 


Ten base cuadrangular que enlaza co fuste mediante chafrán. O fuste e corto e cilindrico e a copa ten un laborioso trabado de labra con molduras en forma de arco na parte baíxa do corpo cónico e remate nun cimacio ao longo do seu borde na parte do corpo cilindrica.


No seu ámbito de protección atópase un CRUCEIRO: "de Crucifixo", Erguido sobre unha plataforma de dous chanzos, e pedestal cúbico. Fuste (vara/varal) de sección cadrada coas arestas rebaixadas (chafrán). Capitel cuadrangular, con molduras e catro caras nas esquinas e cruz de sección cadrada con chafráns nos brazos e remates florenzados con botóns. 


No anverso atópase a figura de Cristo crucificado ao que fáltalle o brazo esquerdo, cabeza inclinada cara diante. 

No reverso figura a Virxe en actitude de orar.

Coordenadas: 43º 16' 41.9" N - 8º 17' 03.9" W

TODA A INFORMACIÓN INCLUÍDA NESTA PUEBLICACIÓN, FOI RECOLLIDA DAS SEGUINTES LIGAZÓNS:

https://siotuga.xunta.gal/siotuga/documentos/urbanismo/ABEGONDO/documents/27648ca006.PDF (páxinas 67-68-69).

https://cruceirosdegalicia.xyz/150011401.html

http://patrimoniogalego.net/index.php/101029/2018/11/igrexa-parroquial-san-martino-de-orto/

VISITA OUTROS SORPRENDENTES LUGARES DO CONCELLO DE ABEGONDO NA LIGAZÓN, CUN MAPA PARA CHEGAR A CADA UN DELES.

No hay comentarios:

Publicar un comentario