Na parroquia de San Pedro de Fiopáns pódese gozar dunha agradable xornada
ao aire libre nesta estupenda área recreativa, ademais de gozar da contorna
natural que a rodea.
Aquí comeza a RUTA DA RIBEIRA DO TAMBRE ata a ponte de Portochán. Nela podemos contemplar as antigas pontellas que cruzan o Portalaxe,...
... espectaculares paisaxes das marxes do río, antigos muíños (ligazón a nosa publicación), ou exemplares singulares da natureza autóctona coma o gran carballo de Cancelos, cun perímetro de arredor de 6 metros.
Coordenadas: 42°56’03.2″N 8°41’18.6″W
TODA A INFORMACIÓN INCLUÍDA NESTA PUBLICACIÓN FOI RECOLLIDA DAS SEGUINTES
LIGAZÓNS:
https://terrasdecompostela.org/recursos/fiopans/
https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/ruta-da-ribeira-do-tambre-a-bana-58049876
VISITA OUTROS
SORPRENDENTES LUGARES DO MUNICIPIO DA BAÑA NESTA LIGAZÓN, CUN MAPA PARA CHEGAR
A CADA UN DELES.
No hay comentarios:
Publicar un comentario