A igrexa de Orazo é resultado da execución de diferentes etapas construtivas. A primeira campaña daría orixe a un templo prerrománico, datado en torno ao século X, do que consérvase unha peza alongada a modo de dintel sobre a porta da sancristía con decoración de sogueado (Segundo Yzquierdo Perrín, o fragmento citado podería formar parte dunha mesa de altar, como no caso de Santa María do Naranco). Nunha etapa posterior, levaría a cabo unha importante reforma, na que, partindo dos cimentos da anterior, construíuse un novo templo románico, doado a Santiago en 1115 pola raíña Dona Urraca, e do que aínda se manteñen interesantes vestixios nos seus muros, entre eles, quedan seis canterías con inscricións, estudadas por Fermín Bouza Brey nos seus Epígrafes Medievaes da Eirexa de Ourazo. Finalmente, xa en época moderna, efectuaríase a actual fachada occidental coa poderosa torre-campanario que a remata, construída no estilo denominado " barroco compostelán".
Á beira da escada de subida ao adro levántase un CRUCEIRO, o que permite unha curiosa perspectiva, pois a Virxe das Angustias pode ser observada de preto dende a cima da escalinata.
Sábese que foi trasladado dende un lugar inmediato Presenta plataforma de tres chanzos cuadrangulares, pedestal cúbico liso, sobre o que alzase un fuste liso, que comeza e remata cadrado e no resto octogonal. O capitel adórnase con follas, e sobre elas, un cordón sobre o que asoman catro querubíns, un en cada cara. Este suxeita unha cruz latina, redonda y espiñenta, que mostra no anverso un Cristo crucificado ca testa á dereita.
Como curiosidade, sinalar que esta parroquia albergou dúas fundicións de campás: a primeira delas tivo unha produción efémera, pero foi determinante para a existencia do segundo taller. Foi o mestre santanderino Hontañón, que en 1848 fundira unha campá para a igrexa de Orazo que aínda funciona (a campá pequena di: AÑO 1848 J H S MARIA Y JOSE Hontañón me hizo en Sto. (Santiago)). Este estableceuse na casa próxima ao atrio e cemiterio para realizar encargos das zonas próximas, cara a 1849 ou 1850, xa que daquela o oficio en ocasións era itinerante. Foise cinco anos despois, pero á súa marcha, os irmáns Xan e Xosé Liste Pereiras, que foran os seus axudantes, decidiron establecer o seu propio taller, a Fundición Liste (a campá grande di: AÑO DE 1913, JHS MARÍA Y JOSÉ... Fundida por J. Liste en Orazo). Liste fundiu moitas campás que se espallaron por Galicia, España, e incluso Francia, e aínda máis, cando un parente de Xosé Liste (César Liste) emigrou a Venezuela, atopou en Caracas cun cura que ao saber o apelido Liste e lugar de orixe, lle dixo... Suba comigo ao campanario... e alí leu unha campá: ME HIZO JUAN LISTE EN ORAZO. Tratou o tema o filólogo e profesor nado nesta parroquia Miguel Louzao, en "Orazo, a fábrica das badaladas".
Hai que destacar tamén, que na casa solariega dos Ulloa en San Pedro de Orazo,
aínda hoxe propiedade da ilustre familia á que pertenceron varios personaxes
insignes de Galicia, consérvanse varios debuxos do sabio sacerdote e astrónomo Ramón
María Aller Ulloa, un deles do escudo da liñaxe
Ulloa.
TODA A INFORMACIÓN INCLUÍDA NESTA PUBLICACIÓN FOI RECOLLIDA DAS SEGUINTES LIGAZÓNS:
https://gl.wikipedia.org/wiki/Orazo,_A_Estrada
https://docplayer.es/95043486-Los-ulloa-de-san-pedro-de-orazo-a-estrada-pontevedra.html
https://www.romanicodigital.com/sites/default/files/pdfs/files/pontevedra_Orazo.pdf
https://badaladas.gal/index.php/fundidores/
https://www.tabeirosmontes.com/orazo-san-pedro.html
VISITA OUTROS
SORPRENDENTES LUGARES DO MUNICIPIO DA ESTRADA NESTA LIGAZÓN, CUN MAPA PARA CHEGAR A CADA UN DELES.
No hay comentarios:
Publicar un comentario