Cruceiro está construído en granito, cunha plataforma cuadrangular de tres chanzos sobre a que aséntase un pedestal cúbico rematado con bocel e media cana. Do pedestal arrinca un fuste octagonal que comeza e remata en cadrados con adornos xeométricos e recibe un capitel cuadrangular moldurado.
Enriba atópase unha cruz de sección octagonal e remates florenzados.
Lamentablemente, aínda que o lugar onde asentase este, chámese O Cruceiro, ben podería denominarse “Postes da Luz”, pois como vese nas fotos, está completamente rodeado deles.
Como curiosidade, sinalarque durante a etapa constitucional dos primeiros anos do século XIX, cando se constitúen os primeiros concellos, Coiro foi a capital municipal e deu nome ao que hoxe coñecemos como CONCELLO DA LARACHA, daquela integrado no Partido Xudicial de Sísamo.
Foi en
1836, no reparto definitivo, cando a capital municipal foi trasladada á
Laracha, ao ser este un núcleo situado xunto ao Camiño Real de PONTE
LUBIÁNS.
Na visita a parroquia destacar tamén a igrexa
de San Xián de Coiro e o MIRADOIRO
DE SANTA MARTA, que tamén pertence ás parroquias de Soandres
e Soutullo.
INFORMACIÓN RECOLLIDA DAS SEGUINTES LIGAZÓNS
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/LARACHA/documents/0199CA003.PDF (página 3).
https://www.alaracha.gal/turismo/gl/list/47/coiro/
VISITA OUTROS
SORPRENDENTES LUGARES DO CONCELLO DA LARACHA NESTA LIGAZÓN, CUN MAPA PARA CHEGAR A CADA UN DELES.
No hay comentarios:
Publicar un comentario