ARQUIÑA DE VILASECO, VIMIANZO

A mámoa da Arquiña de Vilaseco é unha das máis grandes da Costa da Morte. Con 37 metros de longo por 32 de ancho elévase a máis de tres metros de altura.

No seu interior consérvase o dolmen modesto para a o tamaño da mámoa, e de estrutura clásica de cámara poligonal e corredor desenvolvido cara ao leste.


Deste monumento megalítico pódese ver hoxe o seu túmulo de terra e parte das lousas do dolmen que afloran pola superficie na parte máis alta.

A falta dunha escavación en profundidade, consérvanse unha das tampas do corredor rachada en dous anacos, e catro esteos que conforman a súa cámara poligonal, e un do corredor.

 Aínda que lle faltan algunhas pezas, o seu estado de conservación parece bo, pola pouca profundidade do cono de violación. Así se lle chama ao buraco escavado na parte superior da mámoa por parte de curiosos, que querían saber se o túmulo gardaba tesouros ou pedras que aproveitar.



A mámoa está situada a uns 60 metros do leito do río Castro, xusto no linde entre dúas propiedades particulares e atravesado por un muro de pedra que separa as parcelas, de feito, aproveitáronse algunhas das súas pedras para a construción do valado divisorio.

En outubro do 2014 uns traballos de reforestación para plantar eucaliptos feitos polos propietarios da finca onde se sitúa a anta, danaron o túmulo. Abriron sucos na mámoa e pasaron coas máquinas por riba do monumento, modificando a súa estrutura.

A Arquiña de Vilaseco é, sen dúbida, o monumento funerario máis esquecido e ameazado dos catorce que forman parte do proxecto do PARQUE ARQUEOLÓXICO DO MEGALITISMOalgún dos cales poderás visitar seguindo a RUTA DOS DÓLMENES DE VIMIANZO, que inclúen: A PEDRA MOURA DE ALDEMUNDE (Carballo);

CASA DOS MOUROS (entre Dumbría e Vimianzo);...






... Mina da Parxubeira (Mazaricos); PEDRA MOURA do Monte Carnio,...


... PEDRA CUBERTA,...








...e ARCA DO RABÓS (todos en Vimianzo);...


... e DOLMEN DE PEDRA VIXÍA e Arca da Piosa (Zas).

O DOLMEN DE DOMBATE situado en Cabana de Bergantiños, considerado como a "CATEDRAL DO MEGALITISMO", aínda que ten o seu propio plan director, será o recurso piar crave no proxecto.


Coordenadas: 43º 04' 27.3" N - 9º 04' 28.8" W

A medio camiño da Arquiña ao lugar de Vilaseco atópase, á man dereita da pista, esta sinxela cruz. (Coordenadas: 43°04'20.9"N 9°04'11.3"W)


 

INFORMACIÓN RECOLLIDA DAS SEGUINTES LIGAZÓNS

https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/190111000146/arquina-de-vilaseco?langId=es_ES&tp=11&ctre=66

https://www.vimianzo.gal/turismo/info.php?id=384&idioma=es&sec=245

http://patrimoniogalego.net/index.php/7323/2011/10/arquina-de-vilaseco/

http://www.pangalaica.com/megalitismo/dolmenes.htm#cb

http://domaraterra.com/info.php?idioma=es&id=11&sec=16 

http://www.vimianzo.es/turismo/info.php?id=132&idioma=es&sec=245

 http://www.celtiberia.net/es/poblamientos/?id=809

VISITA OUTROS SORPRENDENTES LUGARES DO CONCELLO DE VIMIANZO NESTA LIGAZÓN, CUN MAPA PARA CHEGAR A CADA UN DELES.

No hay comentarios:

Publicar un comentario