SANTA MARÍA DE PACIOS, BARALLA

 

A igrexa de Santa María de Pacios é unha construción barroca de planta cadrada. Muros de cadeirado granítico. A fachada ten un pórtico con dez columnas de granito con capiteis xónicos. Campanario de dous corpos, o primeiro con dous vans arqueados para as campás e o segundo cun van rematado por un frontón con acróteras.



Chámanos a atención, a decoración que presenta a basa dunha cruz que coroa un dos panteóns do camposanto.

Así mesmo, nos entristece contemplar o estado no que se atopan as cruces do muro que circunda o adro.


No interior, a pía de bautizar é unha peza interesante, con borde tórico e profusa decoración en releve (con estrela inscrita, flor, dados, cegoña, flor de catro follas), na que, outra moldura tamén tórica e franxas verticais que levan ó pé, este en cilindro, anelado no centro. A base da pía é cadrada con releves de cabeza humana e dun un año.

Neste templo produciríase un bautizo nobre e xermano que proba a existencia da Vía Künig nos Ancares. Así, a investigadora María José López Caldeiro atopou no Libro Primeiro de Bautismos de Santa María de Pacios, parroquia de Baralla, depositado no Arquivo da Diocese de Lugo, unha anotación do 14 de decembro de 1780, na que o cura de entón, Pedro González Valcárcel, bautizou a un neno nacido o día 12 do mesmo mes e ao que chamaron os seus pais Jacob María. A importancia deste dato tan feliz en aparencia é que os seus pais atopábanse de paso, facendo o camiño pola Vía Künig, variante do Camiño Francés a Santiago, especialmente durante os meses de inverno. Non por casualidade puxeron o nome do seu fillo como Jacob María, en honra ao Apóstolo Santiago e á patroa de Pacios, destaca o historiador do colectivo ancarino Xabier Moure.

42º 55' 15.0" N - 7º 18' 15.9" W

TODA A INFORMACIÓN INCLUÍDA NESTA PUBLICACIÓN, FOI RECOLLIDA DAS SEGUINTES LIGAZÓNS:

 https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/6306/igrexa-parroquial-de-santa-maria-de-pacios?langId=gl_ES&ctre=31&tp=8

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/lugo/baralla/2015/12/11/bautizo-noble-germano-prueba-existencia-via-kunig-os-ancares/0003_201512L11C9994.htm

http://www.concellobaralla.es/portal_localweb/p_100_contenedor_ayto_baralla.jsp?seccion=s_fdes_d4_v2.jsp&contenido=1771&tipo=6&nivel=1400&layout=p_100_contenedor_ayto_baralla.jsp&codResi=4&language=es&codMenu=215&codMenuPN=172&codMenuSN=213

VISITA OUTROS SORPRENDENTES LUGARES DO MUNICIPIO DE BARALLA NESTA LIGAZÓN, ONDE ATOPARÁS UN MAPA PARA CHEGAR A CADA UN DELES.

2 comentarios:

  1. San Martín de Beselos, BARALLA (Lugo). Interesante.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Tuvimos la suerte de poder visitarla y nos ha encantado, tanto el interior coo el exterior. Este es el enlace de la publicación que hicimos de la iglesia de Berselos: https://galiciapuebloapueblo.blogspot.com/2019/02/san-martino-de-berselos-baralla.html

      Eliminar