Aínda que pouco sábese das orixes deste templo románico, como lemos no magnífico traballo sobre esta parroquia realizado na páxina: Tabeirós-Montes, apuntan que Xosé Luna Sanmartín no seu libro sobre a arquitectura románica da Estrada di deste templo: "San Pedro, pertenceu á fundación que os Terciarios Regulares Franciscanos tiñan no convento de Sta. María a Nova de Santiago, fundado por Juan García Manrique. Coa reforma dos conventos na primeira metade so s. XVI San Pedro pasa en 1577 a depender do cenobio de monxas clarisas de Santiago”.
A portada, refeita en época moderna, mantén parte da estrutura románica e
un fermoso e algo mutilado tímpano esculpido con labor de lacería: con tres cruces de Santo
André de Lazos, unha délas tapada por unha imaxe moderna de San Pedro.
O conxunto está rodeado con círculos con flores estreladas coa punta rota, pola redución do tímpano traía desfeita levada a cabo coa restauración do ano 1756.
En planta destaca pola súa singularidade a ábsida pentagonal, dividida en
tramos por semicolumnas e orixinalmente con cinco ventás románicas, unha en
cada plano, das que soamente se conservan as tres dos planos máis setentrionais
Algúns capiteis presentan decoración vexetais,...
... destacado pola súa orixinalidade: un que presenta tres pequenas caveiras ou quizá cabezas zoomórficas (leóns), que abren a boca expulsando dobres talos, que se van enlazando;...
O aleiro románico e os canzorros desapareceron. Tan so se conserva a cuberta, que ía decorada no seu chafrán por unha cadeneta de rombos.
Foi restaurado e colocado xunto ao local social no medio dunha fermosa área axardinada en maio de 2005.
Coordenadas: 42º 42' 54.0" N - 8º 24' 51.9" W
TODA A INFORMACIÓN
INCLUÍDA NESTA PUBLICACIÓN FOI RECOLLIDA DAS SEGUINTES LIGAZÓNS:
https://www.tabeirosmontes.com/ancorados-san-pedro.html
https://www.romanicodigital.com/sites/default/files/pdfs/files/pontevedra_Ancorados.pdf
http://turismo.aestrada.gal/?page_id=1182
VISITA OUTROS
SORPRENDENTES LUGARES DO MUNICIPIO DA ESTRADA NESTA LIGAZÓN, CUN MAPA PARA CHEGAR A CADA UN DELES.
No hay comentarios:
Publicar un comentario