IGREXA DE SANTA COMBA, RIANXO


A Igrexa Parroquial de Santa Comba de Rianxo, tamén coñecida como Santa Columba, é unha igrexa gótica iniciada a finais do século XV e quizáis unha das máis interesantes da comarca.

Nun lateral da fachada está a torre construída probablemente a principios do XVII; é barroca e alberga o campanario e un reloxio. 

Cóntase, que tras o abandono do CASTELO DA LUA en 1532 (ver información e fotos na ligazón), este sufrirá o espolio das súas pedras, moitas das cales foron empregadas para a construción deste campanario.

A portada está enmarcada por dúas pilastras rematadas en pináculos. 

A porta principal pertence ó estilo plateresco, ó igual que as portas laterais. 

É de arco de medio punto con arquivoltas decoradas con anxos e ten repisas para figuras xa inexistentes.

O tímpano representa a Cristo amosando as xagas e anxos tocando trompetas.

Os muros laterais presentan contrafortes escalonados. A cornisa contén unha curiosa colección de figuras antropomorfas variadas.


Destacando as que mostran imaxes en actitudes pecadentas.




-

Outra en cambio parécenos un músico.


Nos muros tamén nos chama a atención un reloxo de sol e un escudo.

Do segundo, nunha consultar realizada á ASOCIACIÓN ACADEMIA DE GENEALOGÍA HERÁLDICA Y NOBILIARIA DE GALICIA, indicáronnos que é: “Escudo cortado de: 1º) Terciado de A) Sotomayor, fajas jaqueladas; B) Bastón, tres bastos en aspa y brazo empuñando un bastón; C) Caamaño, pino acostado de cinco lanzas a cada lado. 2º) Prego de Montaos, de Noia, cuartelado de un león y ajedrezado. Estas armas de los Prego exhiben el león del linaje Silva y el ajedrezado de los Bermúdez de Montaos, también conocidos como Prego de Montaos. Acompaña al escudo un lebrel atado con una cadena; figura esta frecuente en las piedras armeras de los Caamaño de Nebra, Noia, Rianxo y Rubiáns de Vilagarcía de Arousa”.

A nave principal é de bóveda apuntada e divídese en catro tramos con arcos tamén apuntados.

A capela maior presenta bóveda de crucería. 

Destacan o retablo barroco, a pila bautismal e o Cristo de madeira que xace no altar maior, a modo de urna.

Existen outras dúas capelas nos laterais da nave maior que foron construídas nos séculos XVI e XVII. Dende o altar maior accédese á "sacristía vella", con bóveda de crucería e porta exterior.

Á esquerda do terceiro tramo da nave principal ábrese unha capela lateral construída en 1675 por un membro da familia Bastón. Presenta sepulcro e escudo e cúpula esférica. Nesta capela atópase a imaxe do Nazareno.

Á dereita do cuarto tramo ábrese outra capela lateral con bóveda de arista na que se atopa un retablo posiblemente neoclásico coa imaxe da Virxe das Dores, quizáis a máis bela das que se conservan na Igrexa.

Entre a capela lateral do terceiro tramo e esta sacristía está a antiga capela lateral esquerda, que presenta un escudo no frontal, e que carece de uso público actualmente.

O CRUCEIRO máis emblemático de Rianxo, forma un conxunto artístico moi interesante no conxunto da Praza de Rafael Dieste xunto a esta Igrexa Parroquial e o Pazo de Martelo.

Este cruceiro estaba orixinalmente situado preto do actual cemiterio, en Fincheira, e foi trasladado posteriormente ó seu actual emprazamento.

Coordenadas: 42º 39' 01.9" N - 8º 49' 06.9" W

TODA A INFORMACIÓN INLCUIDA NESTA PUBLICACIÓN FOI RECOLLIDA DAS SEGUINTES LIGAZÓNS:

https://omarfeitotradicion.gal/igrexas

https://omarfeitotradicion.gal/cruceiros

VISITA OUTROS SORPRENDENTES LUGARES DO MUNICIPIO DE RIANXO NA LIGAZÓN, CUN MAPA PARA CHEGAR A CADA UN DELES.

2 comentarios: