Nunha das nosas visitas ao concello de SOBRADO (ligazón á nosa publicación), levabamos anotado o lugar da Armada, pertencente á parroquia de SAN XIAO DE CUMBRAOS (ligazón á nosa publicación), para coñecer un curioso cruceiro.
Mostra un voluminoso fuste-monolito que se
enterra directamente no terreo, coroado sen capitel, por unha cruz que amosa no
anverso unha figura crucificada de labra moi basta e erosionada.
Non moi lonxe deste atópase o lugar da
Armada, cuxo topónimo, segundo puidemos ler nun artigo do blogue A
Nosa Historia, parece facer referencia a un posto de vixilancia. Sinalan
tamén que, un denominador común de
tódalas Armadas estudadas (quedan algunhas máis na microtoponimia) é a súa
localización en vías ou camiños secundarios romanos, sobre todo, na Vía XIX e Vía XX. Séculos máis tarde, coa pérdida da función
de control policial, moitas armadas, pola súa situación panorámica, pasarán a
cumprir outra función; a de cazaderos ou postos de vixilancia para a caza
maior, como indica o Libro da Montería de Afonso X. Falan tamén doutra proposta recollida no traballo Toponimia e onomástica
xalleira que di procede dun étimo airmans, “lugar forte”, como lugar de asento
dunha casa forte”.
Deste lugar, situado na VIA XX per loca maritima
cara Friol,e a uns 5 Kms da CIADELLA
(ligazón á nosa publicación), campamento romano da Cohors I Celtiberorum, fala un
documento do MOSTEIRO
DE SOBRADO DOS MONXES (ligazón á nosa publicación), onde se indica un
causo nese lugar. Cabe sinalar tamén, que a única casa da aldea foi fundada
por Pedro Sánchez Barallobre, home ilustrado da estirpe
dos Barrallobre do próximo Pazo de Golmar.
Ademais da casa mencionada, podemos ver a Capela da Virxe da Victoria, cuxa fachada descobre unha imaxe da virxe e un escudo de armas.
Do segundo, nunha consultar realizada á ASOCIACIÓN ACADEMIA DE GENEALOGÍA HERÁLDICA Y NOBILIARIA DE GALICIA, o seu presidente Carlos Acuña Rubio indicounos
que é: “Escudo timbrado de yelmo partido de:1°)
Losada, una losa de pizarra cargada sobre tres lagartos, y bordura cargada de
cinco aspas de San Andrés; 2) Sotomayor, tres fajas jaqueladas de cuatro
ordenes de escaques separados cada dos órdenes por un filete o ceñidor. En
1649, fecha probable del escudo, doña Antonia de Losada y Sotomayor fundó el
mayorazgo de San Xiao de Cumbraos, con la obligación de que sus poseedores
exhibiesen los apellidos y blasones de Losada y Sotomayor”.
Xunto a ela, ademais desta fonte, chámanos a
atención un carballo común de grande envergadura.
E alí, onde cada 30 de abril celébranse as
festas patronais, alzase outro CRUCEIRO, pero este con todos os seus
elementos ben definidos e a cruz sen imaxes.
A Armada na Carta Xeométrica de Galiza de 1845.
TODA A INFORMACIÓN INCLUÍDA NESTA PUBLICACIÓN, FOI RECOLLIDA DAS SEGUINTES LIGAZÓNS:
https://onosopatrimonio.blogspot.com/2011/07/romanizacion-de-galiza.html?m=0
http://anosahistoria.blogspot.com/2009/07/pena-armada-posto-de-vixilancia.html
https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/19122/cruceiro-de-armada?langId=es_ES&tp=10&ctre=55#
http://siotuga.xunta.gal/siotuga/documentos/urbanismo/SOBRADO/documents/26732ca001.pdf
https://www.monumentaltrees.com/es/esp/galicia/sobrado/9108_aldeadearmada/
VISITA OUTROS SORPRENDENTES LUGARES DO
CONCELLO
DE SOBRADO NA LIGAZÓN, CUN MAPA
PARA CHEGAR A CADA UN DELES.
No hay comentarios:
Publicar un comentario