MOSTEIROVELLO, PARADELA

O nome do lugar, Mosteirovello, alude ó primitivo emprazamento monacal vinculado o de Carracedo (León), e foi de “monxes bieitos”, ata que en 1142, Afonso VII o deu á orde do Cister. 



Os monxes “bernardos” do “ora et labora”, establecidos primeiro no lugar de “O Agro de Abelleira”, trasládanse algún tempo despois á beira do río Loio. Logo converteuse en priorado dependente do MOSTEIRO DE MONTEDERRAMO ata a exclaustración de Mendizábal.



A igrexa-convento de Santa María de Castro de Rei de Lemos é de estilo románico, con aires de austeridade cisterciense e grandes dimensións, en superficie e en altura.


Da igrexa primitiva (construida sobre outra máis antiga, tal como o revela o capitel prerrománico que hai no interior), só se conserva o ábsida da epístola, parte dos muros e outros restos.


A ábsida, semicircular, está decorada ao exterior con columnas encostadas, e con canzorriños na cornixa.




O acceso principal está nun lateral, no muro meridional, cunha portada barroca, de concepción sobria.



Sobre a mesma unha espadana de dous corpos separados por molduras, o primeiro con dous ocos baixo arcos de medio punto, e o segundo rematado en frontón.


Hai indicios arquitectónicos que suxiren que a congregación monástica, que nunca debeu ser numerosa, tiña as súas habitacións na parte oposta á entrada principal da igrexa.





No seu interior conserva restos de pinturas do século XV e comezos do XVI.

O abade de Castro de Rei exercía a xurisdición civil e nomeaba xuíces nos cotos de Castro de Rei, Seixón-Santa Marta, Vilarpape (Bóveda) e Buxán (Saviñao). En 1144 foron doados a Santa María de Castro de Rei: a granxa de Santa Marta de Ribas de Miño (Paradela) e o coto de Seixón (Portomarín). Estes dous territorios, separados polo río Miño abasteceron o mosteiro de viño, de froitas, anguías frescas e salgadas e empanadas de anguías desde o ano 1144 ó 1850. En Castro de Rei había cárcere e o mosteiro “dentro do seu curral” exercía tamén a xurisdición criminal. Tanto Afonso VII, como os seus sucesores no trono de León, Fernando II e Afonso IX, continuaron na protección para con este mosteiro. Será Alfonso IX quen realice varias concesións reais ó mosteiro e o visite persoalmente en 1228. Concesións que serán confirmadas por Fernando III en 1231 e por Alfonso X en 1255.


Esta igrexa lembra os xoieiros que tiñan as nosas avoas e que neles gardaban afeites para poñerse en días especiais, pois non nos deixa indiferentes este "xoieiro" debido á valiosa peza en prata que garda. Unha cruz parroquial dun metro de lonxitude, que data de 1730.
Sufríu un incendio na guerra civil no 1936, sendo posteriormente restaurada.


Celébranse as festas na honra a virxe do Rosario o día sete de outubro, onde una multitude de devotos asisten ao lugar e participan na procesión, que como é habitual da a volta ao CRUCEIRO e regresa a igrexa.





Ubicación: 42°42'45.6"N 7°34'24.2"W

  INFORMACIÓN RECOGIDA DE LOS SIGUIENTES ENLACES

  

  

VISITA OTROS SORPRENDENTES LUGARES DEL MUNICIPIO DE PARADELA EN ESTE ENLACE, CON UN MAPA PARA LLEGAR A CADA UNO DE ELLOS.

No hay comentarios:

Publicar un comentario