Ao longo do territorio muxián aparecen exemplos destas construcións,
ligadas a maioría delas ao traballo, arquitectura popular que responde ás
necesidades das xentes e as súas posibilidades económicas. Os recursos e
materiais que se empregan teñen que ver con factores xeográficos, económicos e
sociais, sendo a pedra o elemento dominante. Un deses exemplos é a ALVARIZA DE SENDÓN.
Está delimitada por un peche
vexetal e no seu interior hai numerosas colmeas ademais dunha gamela, uns
sinais e unha árbore no centro.
Atópase encadrada nunha paisaxe, que fai conxunto con tres MUÍÑOS
de auga de muros de cachotería, situados na canle do Rego de Quintáns.
INFORMACIÓN RECOGIDA DE LOS SIGUIENTES ENLACES
VISITA OTROS
SORPRENDENTES LUGARES DEL MUNICIPIO DE MUXÍA EN ESTE ENLACE, CON UN MAPA PARA LLEGAR A CADA UNO DE ELLOS.
Arquitectura popular esa alvariza? Mentras outras que si o son están esquecidas, tapadas e sen catalogar, esta figura como patrimonial?
ResponderEliminarIndignante.
Carme, comparto contigo que habería que poñer en valor outras moito máis interesantes.
EliminarCarece de muros de cachotería e dista moito de ser patrimonial e menos arquitectura popular.
ResponderEliminarHai outras por toda a Costa da Morte que sí son patrimoniais e que son arquitectura popular, seculares.
Esta é recente, sen máis.
Se que hai un patrimonio moitísimo máis interesante que este en o concello, pero pareceume atractivo o conxunto que formaba cos muíños. Espero polo menos que outras publicacións do blogue parézanche máis interesantes e atractivas. Un saúdo Carme!
Eliminar