PETRÓGLIFO DO GHORGHALADO, O ROSAL


"Estaba sentada encima do petróglifo e viñéronme as bágoas aos ollos", relata Palmira Cristina Vaquero, a veciña que o achou o 15 de agosto decembro de 2012, unha tarde na que decidiu limpar un pouco da gran roca, despois de atopar anacos con gravados durante os paseos que lle axudaron a repoñerse dunha enfermidade. 


O primeiro que fixo é contar o achado ao experto Javier Goberna, que confirmou o seu valor. Tres anos máis tarde o conxunto de gravados foi acondicionado, sinalizado e posto en valor.




Situado en terreos de comunidade de montes das Eiras, que outrora foi unha canteira, é unha manifestación rupestre de época prehistórica, cando menos da Idade do Bronce Final (1200-1100 a 700-600 antes de Cristo), é o maior da zona nun só afloramiento rochoso. Destacar tamén, que este petróglifo é o primeiro en galicia en ser excavado.





Trátase dunha afloración de pedra, sendo unha singularidade neste CONCELLODO ROSAL, que o soporte dos gravados non é o granito, senón xisto, xa que estes montes son prolongación do Monte Lousado.





Dito soporte xistoso, de forma un tanto alongada, e non totalmente descuberto, mide sobre 7 X 5 metros e o alto máximo, sobre 1 m. A súa pequena inclinación oriéntase ao Norte.



A limpeza do gravado rupestre de Eiras, que se conservou grazas á cuberta vexetal que o protexía, permite contemplar múltiples motivos prehistóricos que cobren toda a roca. Entre outros motivos observamos cantidade de figuras de círculos concéntricos, algúns con coviña central e aínda conectados con sucos que entran ou saen; cuadrangulares inscritos, algúns con puntos, así como ovalados. Coviñas de tamaños diferentes, sucos longos con coviña na punta e no medio; claros serpentiformes a partir dunha coviña (cabeza).





Óllanse algunhas figuras circulares, que poderían ser espirais, pero necesítase unha observación e estudo máis detido. Aparecen neste interesante conxunto outras figuras curiosas, non frecuentes nos petróglifos do Baixo Miño, merecentes de estudo. 


A pedra mostra sinais de que os canteiros teñen arrincado lousas.


O conxunto acada os 350 gravados rupestres, e o maior número de combinacións circulares,  cazoletas e  sucos áchase na zona sur da rocha.




Este novo conxunto arqueolóxico, ademais da singularidade anotada, ten outra, que é o único destas características -con esa variedade de motivos simbólicos- que se atopa nas parroquias da Ribeira (Eiras, Tabagón e San Miguel).


O lugar atópase a só 90 metros de altura, moi preto da gran terraza fluvial do río Miño, e se as árbores non o impedisen veriamos de lonxe o MONTE  TETÓN. Setecentos metros ao Leste existen os restos dun castro que hoxe preside A Capela dá  Madalena.

Parque Arqueolóxico do Monte Tetón

INFORMACIÓN RECOLLIDA DAS SEGUINTES LIGAZÓNS





VISITA OUTROS SORPRENDENTES LUGARES DO MUNICIPIO DO ROSAL NESTA LIGAZÓN, CUN MAPA PARA CHEGAR A CADA UN DELES.

No hay comentarios:

Publicar un comentario