CENTRAD, LUGO



O CENTRO DE ARTESANÍA E DESEÑO é un instrumento para a promoción da cultura dos oficios, a integración, a cohesión e a mellora da competitividade dos obradoiros artesáns de toda a provincia. 






Acolle obradoiros e salas de exposicións permanentes DO LIBRO, TRAXE TRADICIONAL, CESTERÍA,...



... TAPIZARÍA, MOBLE ARTESÁN e OLERÍA TRADICIONAL,...










... xunto coa destacada COLECCIÓN DE INSTRUMENTOS MUSICAIS E OBXECTOS SONOROS.

A colección está constituída por fondos procedentes da antiga sección de música do MUSEO PROVINCIAL de Lugo, fondos de produción propia froito de diferentes proxectos de investigación, adquisicións, doazóns e depósitos de particulares. Completan a colección importantes fondos documentais e bibliográficos reunidos ao longo destes anos relacionados coa materia. A tipoloxía dos seus bens abrangue instrumentos de música, tanto do patrimonio musical galego como numerosos exemplares procedentes doutras culturas, instrumentos  mecánicos, obxectos e xoguetes sonoros, indumentaria tradicional e réplicas en petro de iconografía musical. Destaca a colección máis importante en Europa de instrumentos de corda medievais dos séculos XII e XIII.



O percorrido inclúe a visita ás catro salas de exposición permanente e ao OBRADOIRO DE INSTRUMENTOS MUSICAIS que está integrado nas instalación.



A SALA ANTÓN DE MARCOS recrea o obradoiro histórico fundado no ano 1951 coas ferramentas e útiles de traballo de Paulino Pérez, e que empregaba para a construción de gaitas, zanfonas e freixolés, así como a longa traxectoria do obradoiro no campo da investigación e formación de artesáns e intérpretes. 















Destaca o modelo utilizado como prototipo para a recuperación da zanfona en Galicia por parte de Faustino Santalices e Paulino Pérez.





 


A SALA FUNDADORES, en honra aos fundadores do obradoiro FAUSTINO SANTALICES e PAULINO PÉREZ


Nela apreciaremos diversos instrumentos da música tradicional galega, como poden ser: gaitas, tamborís e pandeiros, así como instrumentos doutros países (Marrocos, Tíbet, Noruega, Cuba, India, Uruguay) levados, nalgúns casos, da cultura galega aos devanditos países por causa da emigración. Rodean a sala unha sección dedicada aos instrumentos de música mecánica, os primeiros soportes codificados aparecidos no século XX, tamén atoparemos un traxe tradicional galego masculino (formado por monteira, chaleco, faixa, pantalón e polainas) confeccionado por Manuel Lagarón do grupo "Os Celiñas" e un apartado dedicado á organeiría galega. Recentemente incorporouse á sala unha vitrina na que se fai referencia a un dous agrupamentos máis relevantes da historia lucense: Cántigas e Aturuxos, protagonista das primeiras gravacións gramofónicas lucenses no ano 1918. 







Por último dúas campás de bronce, pertencentes á igrexa de Pígara (Guitiriz), dan o toque final.


A SALA PÓRTICO DA GLORIA amosa as réplicas dos instrumentos representados no pórtico da CATEDRAL COMPOSTELÁ



https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhe8JJd2Mond97d6u1pXmxNtnkvq0FirXk2PzBUrcXyEqk0TOifBENowI2wYh5CKTXnhP-YSA2DgAAwXALZ8gd6iyTmPAP2wR9Yhk3xVUhbsJQ1XkwcJc07-0gmeSZRBaNLPqp2MmA_fSh4/s640/capture-20160428-190344.png


Ao entrar o que máis resalta é unha parede cuberta na súa totalidade por unha perfecta ilustración do Pórtico da Gloria que nos permite diferenciar aos anciáns e o instrumento que porta cada un deles. Xusto debaixo atópanse as réplicas que se fixeron destes instrumentos despois dun proxecto multidisciplinar de investigación.



 Entre eles podemos ver diferentes tipos de violas: de brazo, de perna (Viola 1-2, Viola a6, Viola a24);...



... un Organistrum; Arpa; Giga; Rota ou un Salterio, por exemplo.


O resultado foi unha colección única de réplicas de instrumentos de corda desta época, tanto desde o punto de vista acústico como ergonómico. Coa finalidade de presentarlles a estudosos e público en xeral o traballo desenvolto e potenciar o uso dos instrumentos reconstruídos, constituiuse un grupo de especialistas en música medieval baixo o nome de Porque trobar... co que percorreron diferentes países Europeos; o seu disco Compostela Medieval foi seleccionado como “Choc Monde de la Musique” no ano 1999.

  

Noutra das paredes, nunha gran vitrina, atópanse as zanfonas que son cordófonos de roda e podemos ver a súa evolución facendo un pequeno percorrido histórico, ben con réplicas ou con zanfonas antigas. Entre elas resaltan dúas reconstrucións das zanfonas que Alfonso X, O Sabio, mandara pintar non seu Códice Escurialense. Nunha pequena vitrina amósanse réplicas en miniatura do organistrum e dúas caixiñas de música cuxa forma é igual ás dúas zanfonas de Alfonso X e nas que soa unha Cantiga de Santa María. 




Non podemos falar dos cordófonos sen mencionar os de teclado como pianos e o clave que tamén veremos na sala. Por último, unhas réplicas de instrumentos deseñados por Leonardo Da Vinci, realizadas en Galicia, ocupan o centro da sala.



Por último, a SALA XELMÍREZ reúne réplicas dos instrumentos representados nas ménsulas do PAZO DE XELMÍREZ anexo á CATEDRAL compostelá. Situada no corredor que une o resto de salas, recolle un gran valor instrumental galego e doutras culturas. 


Na banda esquerda, atoparémonos con oito réplicas dás Ménsulas antes mencionadas, que representan un banquete amenizado por músicos que fan soar diferentes instrumentos de corda: Arpas, Cítolas (Cítola 3c ,  Cítola 4c ), Frautas, Organistrum, Rota e Violas de perna e brazo (Viola 3c, Viola 5c , Viola per, Violas a 4c, Violas b 4c). Ademais, debaixo de cada unha poderemos observar os devanditos instrumentos reconstruídos en madeira. 
























De seguido, a sala tamén conta cunha estación táctil para as persoas invidentes, cun texto en braille e réplicas en miniatura dun organistrum e unha zanfona. Na outra banda da Sala, contamos cunha sección dedicada aos músicos itinerantes, facendo mención especial a Florencio López Fernández, último cantor célebre galego. A continuación, un apartado dedicado aos aerófonos e á música relixiosa, así como aos instrumentos emparellados a distintas profesións ambulantes. Xa na última vitrina deste percorrido, poderemos observar diferentes xoguetes sonoros (asubíos, caralletes, ruxerruxe...) e unha sección na que se reúnen os idiófonos, tanto de entrechoque (castañolas, carracas,...), como os punteados, entre os que destaca unha importante colección de trompas de boca de diferentes países.



Está recoñecida pola Xunta de Galicia como colección visitable de contido especializado en música dende o ano 2008.
A colección compleméntase cun OBRADOIRO-ESCOLA DE INSTRUMENTOS MUSICAIS GALEGOS, onde se reparan e constrúen instrumentos musicais propios da cultura musical de Galicia. 









En 1983 se crea a Escola de Gaitas e Zanfonas sendo a primeira experiencia en Galicia que combinou o ensino do instrumento co solfexo para pasar a formar parte da banda de gaitas, formada por 25 músicos percorreron numerosas localidades de Galicia, España e doutros países cunha importante participación en programas de difusión televisivos.
  



Convidámoste a achegarte e coñecer este espazo, unha mostra palpable da nosa historia e a nosa cultura, que se fai visible, ademais das instalacións do propio centro, tamén no espazo expositivo da CAPELA DE SANTA MARÍA, nos museos da Rede Museística e nas actividades organizadas e apoiadas pola Área de Cultura da Deputación de Lugo.


www.centrad.org. Travesía da rúa Chantada. Tlf. 982210066 Fax 982219014. luciano.perez@deputacionlugo.org. Horario De 8 a 19 h. Entrada gratuíta

INFORMACIÓN RECOGIDA DE LOS SIGUIENTES ENLACES





VISITA OTROS SORPRENDENTE S LUGARES DEL MUNICIPIO DE LUGO EN ESTE ENLACE, CON UN MAPA PARA LLEGAR A CADA UNO DE ELLOS.

No hay comentarios:

Publicar un comentario