SAN PEDRO DE MARTUL, OUTEIRO DE REI


Igrexa románica con pequeno atrio - cemiterio ó redor. Agás a ábsida, toda a fábrica sufriu unha reforma total. Levantouse unha nova nave e dúas capelas laterais que lle dan forma de cruz latina.




Sobre a xanela aberta encima do  contrafuerte, posiblemente na reforma do templo, podemos ver unha curiosa inscrición.




O frontis presenta a porta alintelada e coróano unha espadana de dous vans.


No interior conserva uns interesantes retábulos.






No presbiterio álzase un CRUCEIRO feito nos últimos anos do século  XX, polo canteiro lucense Manuel Baamonde.


 Sobre a antigüidade da mesma, ca grafía "Martur" figura esta parroquia nun vello inventario de bens da CATEDRAL DE LUGO pertencente, segundo a maioría dos historiadores, ó século XII. Dos vestixios históricos-arqueolóxicos localizados en Martul cómpre destaca-lo vaso de borde revirado atopado nunha mámoa do Cordal de Acevedo, pertencente a Idade de Bronce; así como o gravado que, aínda que nalgún sitio se atribúe ao Neolítico, non iría, en todo caso máis alá da Idade do Bronce, emprazado actualmente na CASA REITORAL, e xunto á igrexa.




Trátase da imaxe dunha figura humana duns 48 por 40 centímetros, insculpida nunha pedra do muro da casa con trazos ben definidos e profundos, que debuxan o corpo, brazos, pernas e cabeza onde se aprecian a boca e os ollos. Segundo historiador Xabier Moure, este tipo de representacións (pouco frecuentes non só na provincia de Lugo, senón tamén en toda Galicia), quizais reproduzca a unha divindade feminina espida, unha deusa da fecundidade, unha Matres Gallaiciae céltica.


A peza foi reutilizada para tapar unha xanela.


 Outro interesante gravado cun enigmático símbolo, descuberto tamén na interesante páxina de MEGALITICIA, puidémolo ver de camiño cara a este enclave. Trátase dunha figura formada por un círculo superior do que, pola parte inferior, parten unhas liñas verticais.


As conxecturas que formulabanse outros autores sobre estas gravuras mudaron radicalmente no mes de abril de 2019, cando uns documentos atopados polos investigadores Brais Rodríguez Romero e Xavier Moure, aclaraban o seu significado e a data de realización deste e outros de tipoloxía semellante atopados nas parroquias de Aspai e Parada.  O documento sobre deslindes das parroquias de Aspai, Martul e Parada, do 31 de xullo de 1856, feito ante o Comisario de Montes e Plantas da Provincia de Lugo, Félix de Carballo e Salgado, sinala que grávanse  uns símbolos sobre penas situadas en distintas partes. Ou documento  é explícito canto ao que representan as  gravuras: “insignia do Santísimo  Sacramento” (literal), é dicir, representan a custodia  ou viril  onde, na relixión católica, colócase a hostia despois de ser consagrada para  expoñer ante os  fieis. Máis tarde conseguiron outro documento dun preito do ano 1865, entre Bartolomeu Saavedra e Francisco Serra por unhas lindes entre Aspai e Parada. Ao  nomear un marco, aclara que a custodia gravouse para “protexelo en lugar pagán”.  Lembrar que petróglifos, mámoas e castros  foron considerados secularmente como sitios pagáns; “así nolo transmitiu non século VI San Martín de  Dumio non seu «De correctione rusticorum», contra os costumes ancestrais que aínda pervivían entre os galegos”, explica Xabier Moure.


Como curiosidade sinalar tamén, que existe unha recompilación de lendas populares escoitadas na parroquia realizada por Alba María Fernández Castedo, entre as que figuran dende historias sobre a Santa Compaña, ata outras que falan dunha gran  culebra que ao seu paso por  Martul deixou marcas que aínda son hoxe visibles.

INFORMACIÓN RECOLLIDA DAS SEGUINTES LIGAZÓNS









VISITA OUTROS SORPRENDENTES LUGARES DO  MUNICIPIO DE OUTEIRO DE REI NESTA LIGAZÓN, CUN MAPA PARA CHEGAR A CADA UN DELES.

No hay comentarios:

Publicar un comentario