O nome do patrón da parroquia, alude ao galego Paio, que sufriu
o martirio sendo aínda un neno por, según contan, negarse a manter relacións
sexuais con Abderramán III e por salvagardar a profesión da súa fe, non pode
deixar de evocar tamén ao eremita Paio,
que, segundo a lenda, descubriu as tumbas de Santiago e dos seus
discípulos Teodoro e Atanasio no bosque Libredón, despois de que o lugar onde estaban
enterrados fose sinalado por un gran resplandor.
A Igrexa de orixes Románicas, foi reformada nos s. XVIII e s. XIX. Ten
nave rectangular con presbiterio de menor altura e con corpo acaroado para a
sancristía no seu lado norte. Tellado a dúas augas con cuberta de tella curva e
fabricada con muros de sillería e perpiaño na súa totalidade.
Amosa na fachada porta enmarcada con columnas acaroadas ás xambas e
rematadas en capiteis con adornos vexetais. Estes soportan o ábaco onde
descansan as tres arquivoltas que configuran arco de medio punto e que van con
molduras, as dúas da parte interior, e a exterior con adornos xeométricos,
rodeando un tímpano sen decoración. Enriba da entrada ábrese un van cadrado e
nos extremos do hastial leva pináculos de bóla. Do cume da fachada arranca,
dunha base cadrada con pequena cornixa moldurada, a espadana de dos ocos con
arcos de medio punto para albergar as campás. Remata en gablete con oco central
flanqueado por pináculos e ramatado en cruz de forxa.
No muro leste da cabeceira vemos unha figura de San Paio, pintado de
vivas cores e enmarcado nunha ventá con columniñas de capitel con adornos de
volutas o da esquerda, e con dúas cabecitas o da dereita, e rematada na parte
superior en arquivoltas e arco lobulado.
Está na ruta xacobea do CAMIÑO INGLÉS que parte de A Coruña
y Ferrol, e ao seu carón hai un carballo centenario.
Horarios de misas: Domingos as 13:00h. Teléfonos: Párroco
620224857-Sacristán 658658769. Coordenadas: 43º 05' 42.0" N - 8º 22'
55.9" W
INFORMACIÓN RECOLLIDA DAS SEGUINTES LIGAZÓNS
No hay comentarios:
Publicar un comentario