PETRÓGLIFOS DE LAMAFORCADA, NOGUEIRA DE RAMUÍN

 

Os petróglifos localizados en Lamaforcada, e outros moitos esparexidos polo municipio, amosan a arte rupestre propia da Idade do Bronce (1.800 – 700 a.C).



Coñécense por petróglifos (pedras gravadas), aquelas rocas que se atopan ao aire libre e que foron talladas, ben por raspado, piqueteado ou martillado, por habitantes de distintas épocas, sendo aínda unha incógnita o significado de moitos destes símbolos, coñecidos como insculturas.

As representacións máis antigas e abundantes nos petróglifos galegos son as denominadas 'coviñas' ou cazoletas, os círculos e as combinacións circulares, progresando no tempo con figuras zoomorfas, antropomorfas, labirintos, abstractos, cadros, ferraduras, podomorfas e outras. Outros símbolos gravados como as cruces, invadindo ou compartindo espazo cos anteriores, pertencerían xa ao alto ou baixo Medievo e en ocasións terían unha clara intención de cristianización deses espazos ou mesmo de sinalización delimitadora de territorios.

Os petróglifos atópanse nun penedo ao carón dun cruce da estrada a Lamaforcada (o microtopónimo do lugar é “Penedo do Lagarto”), e foi un dos primeiros catalogados no concello.

Este conxunto, tamén coñecido como Petroglifos de Penedo Laxa, está formado por diversos círculos concéntricos con dous, tres e catro aneis e unha cazoleta central, coviñas ou cazoletas e liñas que forman figuras singulares. Na parte superior atópanse a maioría dos motivos, tamén hai cazoletas nunha laxa máis baixa e nunha aira situada a escasos metros.

Actualmente está bastante erosionado e cuberto de musgo o que dificulta a súa correcta visualización.

Coordenadas: 42°24'32.9"N 7°44'17.0"W

TODA A INFORMACIÓN INCLUÍDA NESTA PUBLICACIÓN, FOI RECOLLIDA DAS SEGUINTES LIGAZÓNS:

http://www.nogueiraderamuin.gal/CulturaHistoria.aspx

http://www.nogueiraderamuin.gal/CulturaElementosPatrimoniales.aspx

http://patrimoniogalego.net/index.php/65230/2014/11/petroglifo-de-lama-forcada/

https://adrianourense.wixsite.com/petroglifos/lamaforcada

http://megaliticia.blogspot.com/2017/05/petroglifos-de-lama-forcada.html

VISITA OUTROS SORPRENDENTES LUGARES DO CONCELLO DE NOGUEIRA DE RAMUÍN NA LIGAZÓN, CUN MAPA PARA CHEGAR A CADA UN DELES.

2 comentarios:

  1. Hay muchos por Galicia, me gusta verlos. Un beso.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Si que abundan, el problema es que en muchos casos apenas se pueden ver si no es con las condiciones de luz más apropiadas. Un saludo Teresa!

      Eliminar