O cruceiro localízase no lugar do Hospital, concretamente nunha encrucillada de pistas no medio da aldea da parroquia de Santo André de Chamoso.
Presenta unhas características particulares e que o converten nun dos máis singulares do concello. Levántase sobre unha plataforma de planta circular (forma nada frecuente na provincia de Lugo) de granito, tendo o banzo inferior, coas xuntas encintadas, unha considerable altura. A súa base, monolítica e tamén circular, dá paso a un groso fuste coas arestas lixeiramente rebaixadas que, na parte inferior da súa cara W, amosa unha inscrición na que pode lerse: 1913, data que fai dubidar se corresponde á da construción do cruceiro ou se alude a unha reforma ou cambio de emprazamento.
Ao carecer de capitel, a cruz está asentada directamente sobre o fuste. De tipo grego e de grosas proporcións, presenta no seu anverso un relevo de Cristo de ruda labra (apreciable sobre todo nas mans e nos pés) coa cabeza inclinada ao lado dereito. Os brazos están estendidos horizontalmente e as mans aparecen abertas, mentres que o perizoma anóase á esquerda e o pé dereito aparece sobre o esquerdo.
No reverso apenas pode verse un rudo relevo da Virxe vestida con túnica e manto, e nos brazos da cruz o sol e a lúa.
Coordenadas: 42°55'47.4"N 7°27'50.2"W
INFORMACIÓN RECOLLIDA DAS SEGUINTES LIGAZÓNS:
https://www.concellodocorgo.com/mapa-turistico/
https://mesondoforno.com/fernando-arribas-arias-cruceiros-e-cruces-do-concello-do-corgo/
https://siotuga.xunta.gal/siotuga/documentos/urbanismo/OCORGO/documents/27924ca006.PDF
(páxina14)
VISITA OUTROS
SORPRENDENTES LUGARES DO CONCELLO DO CORGO NESTA LIGAZÓN, CUN MAPA PARA CHEGAR A CADA UN DELES.
Es un bonito cruceiro para mi colección. Un beso.
ResponderEliminarSi, aunque la pena es que el entorno no está muy bonito. Gracias Teresa!
Eliminar