A Arca do Rabós atópase oculta no medio dos eucaliptos, a escasos 100 metros da estrada, onde situaron a sua sinalización e un panel informativo, que explicanos as súas características
É un monumento megalítico de grandes dimensións no que se conserva parte
do túmulo de terra de aproximadamente 20m de diámetro e 1,5m de altura. O
túmulo está parcialmente destruído na zona norte, xusto no límite coa parcela
veciña e isto permitiu comprobar a existencia dunha coiraza de pedras que
orixinalmente cubría a mámoa.
No centro do túmulo obsérvase unha violación que deixa ao descuberto os
restos dunha anta con cámara poligonal e corredor orientado ao sueste.
http://vimianzo.mobi/assets/media/11659/tablet/11659.jpg?1490628536 |
Na rotura da tampa aprécianse marcas de cuñas, que nos falan da existencia de antigos traballos de cantaría para a extracción de pedra.
Algúns autores tamén falan da posibilidade de existencia de gravados
nunha das laxes do corredor, aínda que resulta complicado confirmar esta
afirmación.
Se volvemos á pista, podemos ver na finca de enfronte, outra das mámoas
que compoñen a necrópolis dividida cun valado de pedra.
Quizais o máis salientable sexa o feito de que este monumento megalítico
forma parte dunha extensa necrópole megalítica que vai de leste a oeste pola
parroquia de Baíñas, seguindo posiblemente unha vella vía natural de paso. Os
monumentos megalíticos colocábanse en lugares visibles coa intención de marcar
territorio, modificando así a paisaxe dos seus antepasados. Cóntanse unha
vintena de mámoas no Chan do Cabral e O Rabós. Varias teñen desaparecido ou
foron estragadas pola construción de estradas e os traballos agrícolas. No
concello de Vimianzo coñécense tamén outras necrópoles importantes como a do
Mosquetín, Encoro da Fervenza, Caxadas ou Carantoña.
http://vimianzo.mobi/assets/media/11682/tablet/11682.jpg?1490628539 |
1- PEDRA CUBERTA,
2- PEDRA MOURA,
3 – PEDRA LEBRE,
4 – Arca da Piosa,
5- PEDRA DA ARCA,
6- ARCA DE RABÓS,
7- CASOTA DE FREÁNS,
8- ARQUIÑA DE VILASECO.
2- PEDRA MOURA,
3 – PEDRA LEBRE,
4 – Arca da Piosa,
5- PEDRA DA ARCA,
6- ARCA DE RABÓS,
7- CASOTA DE FREÁNS,
8- ARQUIÑA DE VILASECO.
Sinalar, que este xacemento formará parte dos catorce que se reunirán
dentro do futuro PARQUE
ARQUEOLÓXICO DO MEGALITISMO, do que leva esperando a Costa da Morte dende
o 2001, e que esténdense ao longo de oito concellos: Pedra Moura de Aldemunde (Carballo);
CASA DOS MOUROS (entre Dumbría y Vimianzo);
A FORNELLA DOS MOUROS (Laxe);
PEDRA DA ARCA (Malpica); Mina da Parxubeira (Mazaricos); PEDRA MOURA de Monte Carnio, PEDRA CUBERTA, CASOTA DE BERDOIAS, Arquiña de Vilaseco, PEDRA DA LEBRE OU DE SERRAMO, MINA DE RECESINDES y Rabós (Vimianzo); y PEDRA VIXÍA y Arca da Piosa (Zas).
CASA DOS MOUROS (entre Dumbría y Vimianzo);
A FORNELLA DOS MOUROS (Laxe);
PEDRA DA ARCA (Malpica); Mina da Parxubeira (Mazaricos); PEDRA MOURA de Monte Carnio, PEDRA CUBERTA, CASOTA DE BERDOIAS, Arquiña de Vilaseco, PEDRA DA LEBRE OU DE SERRAMO, MINA DE RECESINDES y Rabós (Vimianzo); y PEDRA VIXÍA y Arca da Piosa (Zas).
O DOLMEN
DE DOMBATE, situado en Cabana
de Bergantiños e considerado por algúns como "A CATEDRAL DO
MEGALÍTICO GALEGO", queda excluído do ámbito deste proxecto porque
conta co seu propio plan director.
Coordenadas: 43º 02' 15.1" N - 9º 01' 12.9" W
INFORMACIÓN RECOLLIDA DAS SEGUINTES LIGAZÓNS
VISITA OUTROS
SORPRENDENTES LUGARES DO CONCELLO DE VIMIANZO NESTA LIGAZÓN,
CUN MAPA
PARA CHEGAR A CADA UN DELES.
No hay comentarios:
Publicar un comentario