SAN CRISTOVO, MESÍA

Nesta entrada queremos mostrarvos unha pequena síntese do patrimonio e historia desta parroquia.


Imaxe de San Cristovo nas pinturas muráis da IGREXA DE SANTA MARÍA DE LABRADA (Guitiriz).

A sua igrexa parroquial, datada do século XVIII, presenta planta de cruz grega. Tanto no interior como no exterior encóntrase toda recebada. Dentro alberga un retablo ornamentado con pezas clásicas, todas estas encabezadas pola imaxe de San Cristovo. Na fachada exterior con todas estas edificacións da zona, é sinxela e sobria; só cabe mencionar os pináculos que coroan a espadana.



En Mesía atópase o Pazo de Recelle, que data do séc. XVII, aínda que dista moito do que é un pazo pero mostra claramente a grande casa solariega que foi. Un escudo perdura na fachada. Nestas inmediacións atoparemos tamén un hórreo de tres cepas e unha fonte cunha pía de cantería.

Foto de: http://www.concellodemesia.gal/mesia/parroquias/mes%C3%AD-san-cristobo

O cruceiro que álzase nos arredores do templo é todo de granito. Presenta base cadrangular de tres chanzos e pedestal cúbico achafranado. O varal é cadrangular achafranado no que leva un capitel cadrangular moldurado con astrágalo cadrangular e ábaco de lados rectos. 



A súa cruz leva no seu anverso a Cristo Crucificado con tres cravos e as mans pechadas. Inclina a cabeza cara adiante lixeiramente ladeada á dereita cunha coroa de espiñas e unha cartela coas siglas INRI. O seu pano de pureza vai anoado á dereita.


Polo reverso da cruz fica sobre un pedestal San Cristovo cun neno sobre o ombreiro esquerdo e un caxato na man dereita. 



No século XIX, o lugar de Vilar foi testemuña dun triste acontecemento nesta parroquia de Mesía. Durante a Guerra da Independencia contra os franceses, o día trece de febreiro de 1809 as tropas de Napoleón arrasaron e queimaron a Capela de Arxán e fusilaron a trece veciños que foron soterrados, de primeiras, nunha fosa común dentro da igrexa. Feito que figura reflectido no libro parroquial de defuncións de San Cristovo de Mesía, onde se detalla o seguinte:

En el día trece de Febrero (Lunes de Carnestolendas) del año de mil ochocientos y nuebe, dentro de la Capilla de Nuestra Señora de Arján, sita en la Parroquia de San Cristoval de Mesía, con solo un Responso a cada uno, y todos juntos en una, por lo raro, y apretado del caso, se dio sepultura a los cadáveres de Mateo Sánchez, marido de Lucía Boga, Joseph Pardo, marido de Andrea Blanco; Juan Quindimil, viudo de Domª Sánchez; Thomás Quindimil, marido de Josefa López; Francisco Quindimil, hijo de este último; Thomás Méndez, marido de María de Castro; Francisco Blanco, marido de Juana Rodríguez; Pedro Mira, viudo de Dominga Sánchez, Antonio Verea, marido de Vicenta Rdguez; Antonio Gundín, soltero, hijo de Melchor; Antonio Fandiño, también soltero, criado de Jacinta Mosquera: Todos once víctimas inocentes del furor francés, destinado a quemar, matar y asolar la mencionada parroquia; muertos afusilados en las inmediaciones de la mencionada Capilla, y la maior parte junto al Crucero de ella, sin que se les pudiese preparar, ni echar otra mortaja, que los ordinarios vestidos con que caieron muertos el Domingo anterior por la mañana, ni menos conducirse a la Iglesia parroquial por falta de gente, que se havía dispersado, ni se acercaba llena de pavor, y espanto: Todos eran Vecinos de la misma feligresía e yo dn Gregorio Pelagio Vázquez Cavanas, Cura párroco de la de San Miguel de Filgueira, considerando la ausencia del actual Cura ecónomo, y movido de un no sé que superior al miedo que havía concebido, me presté al socorro espiritual de aquellos infelices y asistí a los referidos entierros, lo pongo por asiento y firmo estando en la Sacristía de la repetida Iglesia parroquial de Mesía, en donde se halló este Libro a Veinte días del mes y año ut supra. Gregorio Pelagio Vázquez Cabanas [sinatura]. En catorce de febrero de mil ochocientos y nuebe, dentro de la Yglesia parroquial de S. Christoval de Mesía y fila de seis reales se dio sepultura al cadaver de Isidro Lata, marido de Thomasa Pita, muerto igualmente por los franceses, y sin mortaja particular con el ofº de sepultura, que yo el infraescrito Cura de Filgueira por ausencia del economo le hice, y que conste lo firmo a veinte del mismo.”

Tráxico feito que lémbranos, pola súa semellanza, ao soado cadro do pintor aragonés Francisco de Goya  exposto no Museo do Prado (Madrid). 

Foto de: https://es.wikipedia.org/wiki/El_3_de_mayo_en_Madrid

Nunha casa próxima á estrada, chamounos a atención esta bonita pedra e a pia que estaba xunto a ela.






As Misas, na fin de semana despois de Corpus San Cristobo, segunda fin de semana de xullo. Na honra á Virxe das Mercedes os días 8 e 9 de setembro A “Romaría dos Quintos” o día 24 de setembro


Coordenadas 43º 06' 48.9" N - 8º 16' 23.9" W




INFORMACIÓN RECOLLIDA DAS SEGUINTES LIGAZÓNS









VISITA OUTROS SORPRENDENTES LUGARES DO MUNICIPIO DE MESÍA NESTA LIGAZÓN, CUN MAPA PARA CHEGAR A CADA UN DELES.

No hay comentarios:

Publicar un comentario