Probablemente a sua orixe remontase á segunda mitade do século XII. É una
igrexa reedificada que conserva restos románicos, entre eles o arco de ingreso
o presbiterio. A planta é dunha nave co presbiterio destacado. A nave e a
ábsida son rectangulares. Os muros son de cadeirado de granito e de cachotaría
revogada. No presbiterio hai un arco triunfal de medio punto, dobrado sobre
columnas curtas de capitel esquematizado e cunha base de grampas .
A fachada
presenta porta alintelada e unha pequena fornela, onde se atopa unha imaxe da
Virxe. A espadana - campanario é de tres vans, rematada en triángulo con
pináculos nos extremos e cruz no vértice central.
Como curiosidade, sinalar que na Idade Media ós motivos
estéticos e as denominacións ofensivas, foron causa de que catro parroquias
galegas (Malos, Perros e Cas) perdesen os seu antigo nome e pasasen a
denominarse Os Ánxeles, defendéndose a hipótese de que foi promovido polos
bispos das respectivas dioceses, movidos polo espírito reformador da
administración eclesiástica xurdido tralo concilio tridentino.
Este é o caso desta parroquia de
Santa María dos Ánxeles, que recibiu este nome no século XVI para evitar o
Perros co que ata entón se coñecía e que foi substituído polo feito de
coincidir co que se lles daba en afronta e desprezo especialmente a mouros e
xudeus. Neste caso nos advirte Madoz da antiga denominación, xa documentada no
ano 966 nos tombos do mosteiro de Sobrado dos Monxes: “...Sancto Laurentio et
inde quomodo se diuidit de Dormiana et de Perros et de Linerio cum Toldanos et
Uultureira et Monasteriolo et Barciloni...” (Loscertales 1976: 32).
O Santa María de Perros de Boimorto figura con este nome en documentos do
Arquivo Histórico da Universidade de Santiago datados nos anos 1525, 1548, 1562
e 1565; o máis antigo en que aparece xa convertido en Santa María de los
Ángeles atopouse no Arquivo da Catedral de Santiago en documento do ano 1574.
Preto do templo levántase un sinxelo Cruceiro dos chamados "de Cruz" (sen imaxes). Presenta plataforma de catro chanzos, de forma cuadrangular. Basa (pedestal) de forma cúbica coas arestas rebaixadas. Fuste (esteo) de sección cadrada na parte inferior e superior, e octogonal na parte central. Capitel cuadrangular, con molduras. Cruz de sección octogonal, con remates florenzados e botón central.
Coordenadas: 43º 00'
34.0" N - 8º 05' 54.9" W
INFORMACIÓN RECOLLIDA DAS SEGUINTES LIGAZÓNS
VISITA OUTROS
SORPRENDENTES LUGARES DO MUNICIPIO DE BOIMORTO NESTA LIGAZÓN,
CUN MAPA
PARA CHEGAR A CADA UN DELES.
No hay comentarios:
Publicar un comentario