SARTEGO DE BANDELO, LUGO

Preto do MUIÑO E A TORRE DE RIAZÓN, e tamén perto da anterga ruta que da CIDADE DE LUGO, por Santiago de Saamasas e Santiago de Meilán, dirixíase po-la terra da Camoiras cara o MOSTEIRO DE SOBRADO, e despóis a SANTIAGO DE COMPOSTELA, atópase este sartego antropoide medieval de pedra e forma trapezoidal, reaproveitado na actualidade para pé de fonte.


Está no lugar de Bandelo, pertencente á parroquia de Ombreiro. Áchase situado á beira da pista que vai de Bandelo as Lagoas, reutilizado como pía ou bebedoiro dunha fonte procedente da “Casa da Rúa”. Segundo unha veciña do lugar o sartego procede do interior da leira.


As súas medidas son: Exteriores: longo, 0,25 m.; ancho cabeza, 0,64 m.; ancho pés, 0,46 m.; altura: 0,34 m. Interiores: longo, 1,95 m.; ancho cabeza. 0,44 m.; ancho pés: 0,30 m.; altura: 0,26 m.



Coordenadas: 43°02'50.5"N 7°38'37.9"W



VISITA OUTROS SORPRENDENTES LUGARES DO MUNICIPIO DE LUGO NESTA LIGAZÓN, CUN MAPA PARA CHEGAR A CADA UN DELES.




No hay comentarios:

Publicar un comentario