Catoira é xunto ORTIGUEIRA, o único municipio de Galicia que posúe exemplos dos tres tipos
de muíños tradicionais: de río, de marea e de vento. Dentro destes últimos, son
os únicos en Europa con cuberta fixa bidireccional e dobre sistema de aspas,
que lle permite aproveitar a forza do vento independentemente da súa dirección.
En Tras da Veiga, no Monte das Pedras Miúdas, que sobrepasa os 100 m de
altura, atópase un conxunto de cinco muíños de vento que comparten as mesmas
características: (LORENZO; RIVEIRO; CATOIRA; MOURE; e CASAL). Tres deles
reconstruidos e dos outros dous só quedan os cimentos.
Son construccións de pedra en
forma de torre cilíndrica cunha cuberta lixeiramente cónica sobre unha armazón
de madeira. Os elementos que permiten o seu funcionamento son: Trabe: é de
madeira e está situada na parte superior do edificio que o atravesa e sobresae
polos dous lados. Aspas: son unha armazón de madeira que se colocan en cada
extremo da trabe. Abanos: fíxanse sobre a armazón das aspas. Son tamén de
madeira, e recollen o vento para pór en funcionamento o muíño. Este movemento
transmítese, a través da trabe, ás engranaxes. Engrenaxes: están na parte
inferior e recollen o movemento dos abanos transmitíndollo ó eixe. Eixe: fai
funciona-los mecanismos de trituración igual que nos demais muíños.
O muiño de RIVEIRO foi o último en
deixar de traballar, na década de 1940,...
... mentres o de CATOIRA é un dos máis antigos do grupo.
... mentres o de CATOIRA é un dos máis antigos do grupo.
Ademais do seu elevado valor etnográfico, habería que destacar o seu
emprazamento nunha paisaxe de inigualable beleza, ao redor da desembocadura do
río Ulla na Ría de Arousa...
Moi preto atópase a LAGOA
DE PEDRAS MIUDAS, formada de maneira
natural nunha vella canteira.
Levouse a cabo un plan de recuperación dos mesmos coa restauración da
maioría dos muíños de vento existentes, e o trazado de rutas de sendeirismo,
pero os incendios dos últimos anos danaron algunhas estruturas.
Coordenadas: 42°39'36.4"N 8°43'37.0"W
Non moi lonxe podemos visitar, localizados no Monte Mesón, na parroquia de San Mamede de Abalo, outros tres muiños de vento das mesmas características que os anteriores: O MUÍÑO DO MONTE MESÓN, debeu ser construído arredor do ano 1860, sendo dos máis antigos da parroquia, estivo moendo esporadicamente para a casa do último dono ata 1970. O MUÍÑO DE MIGUEZ pertenceu a D. Joaquín Miguez, na porta están gravadas as iniciais "J M" xunto con dúas cruces. E por último O MUÍÑO DE LOUREIRO, seu primeiro propietario foi J. Loureiro cuxas iniciais "J L" están labradas nas pedras da porta. Máis tarde foi herdado por Domingo Loureiro.
Coordenadas: 42°38'47.4"N 8°43'44.7"W
INFORMACIÓN RECOLLIDA NAS SEGUINTES LIGAZÓNS
VISITA OUTROS
SORPRENDENTES LUGARES DO MUNICIPIO DE CATOIRA NESTA LIGAZÓN,
CUN MAPA
PARA CHEGAR A CADA UN DELES.
Magnifico. Este fin de semana atopei os restos de un en Cotobade, Pontevedra. Alto da cruz do Castro. Saudos.
ResponderEliminarMoitas grazas polo comentario e polo apuntamento sobre o muíño de Cotobade. Saudos!
ResponderEliminar