CRUCEIROS DE SAN SALVADOR DE RIBEIRA, PALAS DE REI

Na aldea de Ribeira, a 9 kilómetros ao Norleste da Vila de Palas, perto da igrexa parroquial e fora do atrio-cemiterio, localízanse estes dous cruceiros.
  

O cruceiro mais antigo levántase sobre unha escaleira de duas gradas cuadrangulares, unha delas xa cuberta por cemento. Un pedestal cubico suxeta un fuste prismatico octogonal que remata nun capitel troncopiramidal invertido con colariño, e que soporta unha delgada e lisa cruz latina.
  

Deste cruceiro tense o testimonio oral dun informante que sinala que foi construido a mediados dos anos 30 do seculo XX, e para costear a sua fabrica venderan os veciños un "castiro" (castiñeiro) que habia no atrio-cemiterio, coa sua ganancia e con axuda económica dos vecinos fixeron o cruceiro; que foi derrubado por un tractor a fináis do século XX; tivo que facerse unha "vara" de novo e pagou o seu arranxo o seguro do tractor.
  

Poucos anos despois, do incidente antes mencionado, levántase outro novo cruceiro a escasos cinco metros do anterior. Este presenta unha plataforma con dúas pequenas bancadas cuadrangulares e unha basa troncopiramidal, na que apoia un fuste  octogonal, excepto nas esquinas, no que se incrustou unha peza cadrada coa inscrición “E. O. Palas de Rei 2004”. 



Remata nun capitel troncopiramidal invertido que soporta unha cruz octogonal con remates florenzados con botón central.


Coordenadas: 42º 55' 27.0" N - 7º 47' 47.9" W
  
INFORMACIÓN RECOLLIDA DAS SEGUINTES LIGAZÓNS

OS CRUCEIROS DO MUNICIPIO DE PALAS DE REI - XERARDO PEREIRO PEREZ
Equipo de investigación "Pallatiuin Regis Witiza" Texto completo (pdf)
  
VISITA OUTROS SORPRENDENTES LUGARES DO MUNICIPIO DE PALAS DE REI NESTA LIGAZÓN, CUN MAPA PARA CHEGAR A CADA UN DELES.

No hay comentarios:

Publicar un comentario