A construción primitiva da igrexa de Santa María de Chaián, de finais do
século XII ou principios do século XIII, pasou por importantes remodelacións no
1676 e no segundo terzo do século XVIII, que deron como resultado o templo
actual, se ben aínda se conservan algunhas partes de maior antigüidade e
factura medieval, como a cabeceira.
Ten planta de cruz latina co brazo lonxitudinal de maior anchura que o
transversal e a cabeceira bastante destacada. Muros de sillería granítica con
cuberta a dúas augas e tellado de tella. Sacristía adosada a un dos laterais.
Nos laterais existen contrafortes nos que descargan os arcos faixóns da
bóveda de canón do interior, e canzorros sostendo a cornixa.
Un deles a perdido
a decoración, mentres que os tres restantes presenta o mesmo modelo, con follas
abstractas envolvendo unha bóla.
En contraposición, nun estilo clásico, érguese a fachada erixida nos
últimos anos do século XVIII e os primeiros do XIX, ornamentada con pilastras
dóricas e un frontón triangular que sostén un campanario cadrado coroado por
unha cúpula e decorado por pináculos e bolas.
No interior, a Capela Maior é
canto se conserva da igrexa románica, o cruceiro cóbrese cunha curiosa bóveda
de madeira de lados irregulares, na que se combina un abovedamento de arestas
cunha pequena cúpula situada na clave deste. Gran parte da iluminación da
igrexa entra a través desta cúpula e do óculo da fachada. A cubrición de
madeira continúa ao longo da nave en forma de canón. Tanto a capela maior como
as pequenas transversais sepáranse da nave por arcos de medio punto. O arco
triunfal é, neste caso, sostido por pilastras. Prolóngase nunha bóveda de canón
reforzada por outro arco faixón sostido por columnas. Na bóveda consérvanse
pinturas ao fresco. Ten un retablo barroco no seu interior.
A igrexa de Santa María de Chaián, presenta numerosas semellanzas con a
xa vista neste blogue de SAN
XOÁN DO CAMPO, co que parece indicar a presenza dos mesmos artífices e
unha construción que, se non foi coetánea, polo menos debeu de ser consecutiva.
Existe por tanto, un certo "aire de familia", entre os templos deste municipio, ao cal puideron desprazarse a traballar, talleres procedentes da fábrica de SANTA MARÍA DE CAMBRE, tamén tratada neste blogue.
Existe por tanto, un certo "aire de familia", entre os templos deste municipio, ao cal puideron desprazarse a traballar, talleres procedentes da fábrica de SANTA MARÍA DE CAMBRE, tamén tratada neste blogue.
Nas proximidades do templo, atópase un fermoso CRUCEIRO de
cantaría asentado sobre cinco chanzos nos que se ergue a base cuadrangular moi
rebaixada e rematada con bocel.
Ten varal liso cilíndrico de arranque cadrado moldurado. Capitel toscano e rematado cunha cruz circular leñosa con nós coa representación do Cristo crucificado nunha das súas caras e a Dolorosa na oposta.
Ten varal liso cilíndrico de arranque cadrado moldurado. Capitel toscano e rematado cunha cruz circular leñosa con nós coa representación do Cristo crucificado nunha das súas caras e a Dolorosa na oposta.
Na parroquia de Santa María de Chaián, o Tambre regálanos un dos seus
mellores recunchos, unha CARBALLEIRA
convertida en ÁREA RECREATIVA e PRAIA FLUVIAL.
Tamén recuperouse, coa colaboración do Concello de Trazo, unha das súas
festas máis queridas, a da ROMARÍA DA NOSA SEÑORA DE AUGAS SANTAS, os
días 2, 3 e10 de xuño, nunha procesión, levan a imaxe da virxe desde a igrexa
parroquial ata a capela de Augas Santas, de estilo románico, que data do ano 1700. Hai 7
mananciais no lugar da ermida, un deles nace no altar maior e percorre o
subsolo da capela. A tradición di que lavarse con esta auga proporciona
curación ao corpo e á alma. Tamén se empregan esta auga para bendicir leiras.
Coordenadas: 42º 58' 01.0" N - 8º 32' 06.0" W
INFORMACIÓN RECOLLIDA DAS SEGUINTES LIGAZÓNS
VISITA OUTROS
SORPRENDENTES LUGARES DO CONCELLO DE TRAZO NESTA LIGAZÓN, CUN MAPA PARA CHEGAR A CADA UN DELES.
No hay comentarios:
Publicar un comentario