A toponímia do lugar de Ponte Carreira e A Ponte Vella, xa advírtenos da
existencia de infraestruturas que servían aos seus habitantes para salvar os
cursos fluviais aquí existentes.
Así fálase da presencia alí, dunha PONTE
ROMANA sobre o río Tambre, aínda que nós só albiscamos a presenza da
chamada PONTE NOVA, no límite municipal co veciño concello de O Pino, pero
que si falanos dun máis antigo. É unha ponte de estilo neoclásico, calzada
horizontal, con tres ollos de arco escarzano sobre piares moi altos, aos que se acaroan
tallamares curvos. Ten peitonil moldurado e refuxios nos testeiros da ponte. Todo
fabricado en cantería.
Xusto por baixo da ponte, desemboca no río Tambre un pequeno regato
chamado Rego do Porto, que foi
aproveitado para a construción dalgún muíño, como o reconstruido que vese na
contorna e chamado MUÍÑO DÁ PONTEVELLA.
Está construido a partir de muros de cachotería encintada, agás os marcos
de portas e xanelas, que son de cantería. A cuberta é a dúas augas con remate
de tella camba e o seu estado de conservación e bo.
...e a continuación e xa casi
onde o rego entrega as súas augas ao tambre, un LAVADOIRO ao que engadiuselle unha cubrición pouco
atractiva e acertada, para o meu gusto.
Podemos gozar deste fermoso rincón, seguindo o ROTEIRO DE SENDEIRISMO
que, desde a ÁREA
RECREATIVA DE OS PASOS, percorre durante 12 Km a ribeira do río Tambre, ata a ÁREA
RECREATIVA DE A PRESA, unindo estes dous magníficos espazos naturais
cargados de extraordinaria beleza.
ÁREA RECREATIVA DE OS PASOS |
ÁREA RECREATIVA DE A PRESA |
INFORMACIÓN RECOLLIDA DAS SEGUINTES LIGAZÓNS
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/FRADES/documents/28100ca004.PDF (páxina 13).
VISITA OUTROS
SORPRENDENTES LUGARES DO CONCELLO DE FRADES NESTA LIGAZÓN,
CUN MAPA PARA CHEGAR A
CADA UN DELES.
No hay comentarios:
Publicar un comentario