Arzúa ofrécelle ao visitante a posibilidade de coñecer a pegada que a
cultura romana e, en especial, a cultura xacobea deixaron no seu territorio. Polo
terreo arzuán repártense multitude de capelas e igrexas nas que aínda se
conserva parte da súa antiga fábrica románica e os retablos que ornan os seus
altares proceden, cando menos, do século XVIII. Sen dúbida, que a Ruta Xacobea
cruce de nacente a poñente o territorio arzuán é a principal causa da cantidade
de patrimonio relixioso do concello.
As máis antigas son as igrexas de Boente, e esta de San Pedro da Mella, levantada no século XIII e pertencente ao románico rural , pero que sufriu importantes modificacións nos séculos XVIII e XIX.
As máis antigas son as igrexas de Boente, e esta de San Pedro da Mella, levantada no século XIII e pertencente ao románico rural , pero que sufriu importantes modificacións nos séculos XVIII e XIX.
Ten planta única e rectangular, con cabeceira destacada en planta e
alzado e de menor altura que a nave. Muros de cachotería, recebados e pintados
de branco, agás na fachada que amosa cadeirado de granito. Ten tellado a dúas
augas con cuberta de tella curva. Do edificio primitivo conserva os muros norte e sur da nave e o arco
triunfal que a comunica co presbiterio.
Conserva no seu exterior unha interesante serie de CANZORROS con
decoración xeométrica, vexetal e figurativa, algún deles moi desgastados polo
paso do tempo.
Contemporánea a estes canzorros é a porta, hoxe no muro sur, que conserva
o lintel rectangular sobre mochetas.
Na fachada, sinxela e carente de decoración, amosa porta alintelada,
tamén sobre mochetas, e ábrese un óculo de forma semicircular. Do cume do
hastial, sobre base rectangular, elévase a espadana que amosa dous ocos
rematados en arco de medio punto e na cima un edículo flanqueado por pináculos
piramidais e coroado por unha cruz de forxa.
Sobre o muro testeiro da nave aparece un “AGNUS DEI”, que sostén
sobre o seu lombo unha fermosa figura xeométrica.
No muro norte colocouse una curiosa pedra que ao parecer formaba parte do
chan do antigo templo e que ten gravado unha serie de círculos concéntricos.
A orixe da toponimia da parroquia da Mella podería estar no latín “millia”, (milla). Na parroquia próxima de Boimorto, no lugar de Vilanova, apareceu un miliario dunha vía romana, que posiblemente unía Arzúa co CAMPAMENTO DA CIDADELA en SOBRADO DO MONXES. A 160 metros ao suroeste da igrexa está o Castro de Mella.
CAMPAMENTO ROMANO DA CIDADELA |
INFORMACIÓN RECOLLIDA DAS SEGUINTES LIGAZÓNS
VISITA OUTROS SORPRENDENTES LUGARES DO MUNICIPIO DE ARZÚA NESTA LIGAZÓN,
CUN MAPA PARA
CHEGAR A CADA UN DELES.
No hay comentarios:
Publicar un comentario